Reto19-20

Vida de ecosistemas terrestres Día 18 – Vida de ecosistemas terrestres por 21 días co galego e máis 10. Febreiro 2023 21 Días co galego e máis 2023 E rematamos a nosa participación dos centros desta edición cos obxectivos ODS co estudo do número 15 do IES Plurlingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis. O obxectivo 15 trata sobre a vida dos ecosistemas terrestres e incide na necesidade de xestionar sustentablemente os bosques, loitar contra a desertificación, deter e inverter a degradación das terras e a perda de biodiversidade… Logo de verdes o vídeo, propómosvos as seguintes actividades para ampliardes o traballo ao redor deste obxectivo. Coñecedes algunha carballeira, souto, fraga… na vosa contorna? En caso negativo, facede unha pescuda preguntándolles a outras persoas (ou a través da Rede). Facede unha listaxe do que coñecedes ou atopastes e indicade nela o seu nome, localización.... Teñen algún tipo de mención ou protección? Propoñede algunha acción para promover / mellorar a súa protección e uso público. Consultade a páxina de patrimonio natural da Xunta de Galicia para definir e poñer exemplos de: Parque natural Reserva da biosfera Zonas especiais de conservación e dos monumentos naturais No vídeo fálase tamén da estreita relación entre os nomes dos lugares, das persoas… e a contorna natural. Consultade: ○ na páxina do proxecto Cartografía dos apelidos de Galicia, do Instituto da Lingua Galega, a distribución dos vosos apelidos nos distintos concellos galegos. ○ no Nomenclátor de Galicia, aqueles topónimos do voso concello que fagan referencia a determinadas características xeográficas ou paisaxísticas que nese lugar houbo antigamente ou que segue a haber hoxe en día (fauna, vías de comunicación, construcións, flora…) Que é o ecoloxismo lingüístico? Logo de vos informardes sobre este concepto, debatede en grupo sobre a súa utilidade para a protección da diversidade lingüística en xeral e do galego en particular.

Entradas populares de este blog

Castelao