Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2015

TEMPO DE NADAL

Imagen
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO Cando o frio se fai xiada e o aire se enche dun neboeiro húmido que recende a lume e a leña….Cando os días son tan pequenos que sempre é noite…Cando a natureza se ispe… Cando as inclemencias do inverno nos invitan ó desespero… Sentimos que o Nadal está perto e a fin do ano solar está a cumprirse. Moita xente de hoxe, moderna e progresista ou que simplemente non quere tratos cos feitos relixiosos, rexeita o Nadal porque o xulga como una festa sentimental nada práctica ou con recendo Cristián cargando as tintas nas imposicións e o dominio relixioso de antano. Se cadra non entenden nada de nada. O nadal é un tempo de esperanza que ten raíces máis fondas e máis antergas. O cristianismo, ó estenderse polo mundo dominoi e modificou antigos ritos e celebracións que, coma o Nadal, tiñan outro sentido de fondas celebracións da Natureza e do Cosmos.   O Nadal é una festa agraria en plena simbiose coa  Natureza e co Cosmos, situada arredor do 24 de decembr

O ABECEDARIO

Imagen
Unha fermosa canción para aprender o abecedario galego dun xeito divertido , con letra e música de Magin Blanco.

CULTURGAL

Imagen
Culturgal celébrase os días 4,5 e 6 de Decembro do 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e no mesmo espazo no que arredor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais.     Conta con 120 actividades propias para estes tres días: Concertos,espectáculos familiares, encontros con escritores/as, estreos de películas e moito máis.     Asi que animádevos a visitalo.   Se queres saber máis da súa programación, clica na imaxe.