Entradas

Mostrando entradas de septiembre, 2016

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS : SETEMBRO

Imagen

BENVIDOS/AS A UN NOVO CURSO ESCOLAR

Imagen
Un novo curso escolar escomenza mañán e dende este blog de Dinamización da Lingua Galega queremos seguir contribuindo ao fomento desa, a nosa Lingua , na nosa comunidade educativa e no contorno social. Aínda que desgrazadamente o horizonte que se albisca non é nada prometedor: a trasmisión interxeneracional da nosa lingua está totalmente esgazada, o uso do galego entre a xuventude alcanza mínimos históricos ano tras ano, os prexuizos, lonxe de combatérense están sendo reforzados...Nós seguimos pensando que a lingua galega forma parte do noso patrimonio cultural e da nosa identidade e, como tal, un ben común que nos une.     Por iso desde eiquí , quero animarvos a seguir empregando a fermosa lingua de Rosalía e de innumerables escritores insignes.         Feliz curso para todos e todas!!!