Entradas

Mostrando entradas de abril, 2017

OS MAIOS

Imagen
Os Maios son unha das máis fermosas tradicións galegas, unha desas ancestrais festas do ciclo do ano tan estreitamente relacionadas co mundo agrario e a fertilidade da terra.        É unha festividade estreitamente  relacionada coa agricultura e a celebración do espertar da vida vexetal, do poder rexenerador da natureza que coincide coa chegada da primavera, do bo tempo, dos días máis longos e do comezo do ano agrícola.      Desde a escola, como todos os anos, tamén imos celebrar esta festa tradicional tan arraigada na nosa terra e para eso precisamos da vosa colaboración, sempre tan importante. Imos elaborar o noso maio e precisamos que traiades a escola: FIUNCHO, XESTAS, MARGARIDAS, ROSAS, CAMELIAS, PAMPILLOS, CALAS…     Este material deberá traerse á escola o MÉRCORES 3 DE MAIO  e será recollida nas aulas.

OS MAIOS

Imagen

VISITA DO POETA GARCÍA TEIJEIRO

Imagen
Hoxe visitou a nosa escola unha persoa moi especial: Un mestre-poeta. Compartiu connosco unha chea de vivencias, experiencias e sentimentos.Foi capaz de transmitirnos a todos nós esa paixón pola poesía, pola palabra que el leva tan fondamente.       MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR UN MOMENTO TAN MÁXICO!!!