Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como OS NOSOS TRABALLOS

ARRECENDARIO NA ESCOLA

Imagen
Este curso académico dende o EDLG en colaboración co equipo e-Twinning da escola levamos a cabo a posta en marcha dun ARRECENDARIO . O noso centro goza de grandes espacios de terreo ó redor, co cal puidemos adicar un parte do mesmo a esta interesante actividade, que persigue varios obxectivos: Promover a Educación Ambiental na Escola. Conseguir unha mellor relación co entorno que nos rodea partir dun cambio de actitudes e valores no alumnado.  Iniciarse no coñecemento das prantas aromáticas e medicinais, as súas propiedades e o seu nome en galego : Ourego, Herba Loba, Herba luisa, Lavanda, Romeo, Sarxa ….  Estimular o desenvolvemento dos órganos dos sentidos para poder apreciar e valorar as prantas .  Contribuir á concienciación do cambio climático. Conseguir un centro sostible. Promover a concienciación ambiental ,creando lazos afectivos co entorno. Inculcar os valores da agricultura ecolóxica como a forma “natural” e sostible de obter alimentos.                           Aqui

INVESTIGANDO OS TOPÓNIMOS NO CONCELLO DE MOS

Imagen
Este curso ímos investigar sobre os topónimos das nosas parroquias e sobre os nomes dos lugares que conforman a nosa terra.  

FALEMOS COMO GALEGOS

          Os nenos e nenas dos cursos de 5º A e B de Primaria fixeron un excelente traballo de investigación. Estiveron na procura de expresións típicas e ditos da nosa lingua.           Con todo o atopado montaron unha exposición no corredor para poder compartilo co resto do alumnado do centro. Moi bo traballo, rapazas e rapaces!!

INTERCAMBIO DE POSTAIS

Imagen
          Ó longo desta semana cada neno e cada nena vai elaborar unha postal navideña para así felicitar estas festas a outro compañeir@ do noso cole.           Os buzóns colocaránse nas portas o xoves 20, e teremos ate o día 21 para ir enchéndoos cas nosas misivas.            De seguro que van ser unhas postais preciosas e sorprendentes xa que a imaxinación do noso alumnado non ten límites.                       

LARETADAS

      O pasado martes 6 de novembro comezamos un proxecto chamado Laretadas  no que participaron os nen@s de 5º e 6º de primaria. O obxectivo desta proposta é potenciar a fala do galego, ademáis por suposto, de pasalo ben e disfrutar das representacións.        Así que, se queredes participar só tedes que preparar unha pequena producción de non máis de 3 ou 4 minutos e podedes facelo sós ou en compaña doutros. As produccións poden ser poesías, conversas, cantigas, refráns, chistes, noticias e todo aquilo que se vos ocurra.         Se queredes ver como foi a estrea de Laretadas , só tedes que pinchar no vídeo. 

REFLEXIONANDO SOBRE O CAMBIO CLIMÁTICO

O BOSQUE

Imagen
Un fermoso poema de Tagore adicado as árbores, e que pode valer para o noso proxecto do bosque.

Libro de receitas do Samaín a vosa disposición na biblioteca escolar

Traballo 1ºB