Entradas

Mostrando entradas de abril, 2013

OS MAIOS

Maios Publish at Calameo or read more publications .

OS MAIOS, festa popular galega coa que se celebra o comezo da primavera.

Documental sobre os maios, a súa historia e realización.

ROBERTO VIDAL BOLAÑO

Imagen
O Día das Letras Galegas do ano 2013 está adicado a Roberto Vidal Bolaño. " Roberto Vidal Bolaño é un dos promotores do teatro profesional en Galicia. Foi un activo defensor da normalización lingüística na escena galega. Integrante do Grupo Abrente , participou na fundación de varios grupos de teatro, participando neles como autor, director, actor, escenógrafo... sendo recoñecido o seu labor con numerosos premios literarios ". Texto elaborado polo Seminario Galán     Informativo sobre Roberto Vidal Bolaño realizado no CPI dos Dices, Rois

CERTAME LITERARIO 2013

Imagen

5º CERTAME DE CURTAMETRAXES

Imagen

CORRESPONDENCIA ESCOLAR

Imagen
OS NENOS E NENAS DE 5 ANOS B ESCRIBIRONLLE AOS NEN@S DE 5 ANOS DOUTRO COLEXIO UNHAS CARTAS CUNS FANTÁSTICOS DEBUXOS, AGORA ESTAMOS A ESPERAR QUE NOS CONTESTEN, TERÉMOSVOS INFORMADOS.

VISITA DO CETREIRO DO AEROPORTO DE VIGO

Imagen
O venres 5 de abril visitounos Álex, o cetreiro do aeroporto, unha persoa que se dedica a adestrar ás aves na caza e noutras habilidades, faino gañando a súa confianza. As aves que poida haber nos aeroportos representan un serio perigo para a navegación aérea por estar expostas a que unha delas poida entrar dentro dun motor nas operacións de despegue e/ou aterraxe, ocasionando un terrible accidente. Un dos cetreiros mais importantes foi Félix Rodríguez de la Fuente. Àlex trouxonos ao colexio unha aguia, dous falcóns, un bufo e unha milana. Os nenos e nenas manifestaron moito interese no tema. Moitas grazas a Álex e aos seus acompañantes, pola súa visita e por transmitir ao alumnado o interese pola cetraría e sobre todo polo coidado e protección das aves.