DÍA DA PAZ: O BUZÓN DE DESEXOS no CEIP Pena de Francia
Queridos alumnos e alumnas, como xa sabedes, o 30 de xaneiro celébrase mundialmente o Dia da Paz. No cole é un día que preparamos con moito cariño, pero lamentablemente este ano, como xa coñecedes pola scircunstancias, non podemos darnos as apertas,bicos, darnos a man ou agarimarnos, como de costume facíamos.... Iso que tanto botamos de menos podemos reflexalo no “Buzón dos desexos” de moitas outras formas. Por exemplo, podes meter no buzón aquelas palabras que che gusta que che digan ou que che gusta dedicarlle a alguén que queres; podes escribir unha situación que reflexe a paz na túa casa, no teu cole ou en concreto na túa clase; podes escribirlle unha carta a alguén recordándolle todas as palabras agarimosas que che recordan a esa persoa ou; podes pensar nas veces que viviches algunha situación contraria á paz e de eliminar eses malos actos da túa vida. Anímate! Xa verás o que pode conseguir o Buzón dos Desexos..... escribe nun papel para que o buzón poida facer maxia e cumpr