Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2021

TANXUGUEIRAS: PALABRA DO ANO 2021

Imagen
O topónimo  Tanxugueira  popularizado pola banda musical designa unhas terras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós (Ourense), situadas nun alto e abeiradas. No territorio galego hai outro lugares co mesmo nome nos concellos de Catoira (Pontevedra), Dodro (A Coruña) e, de volta na provincia de Ourense, en Viana do Bolo. O vocábulo é unha alteración da forma etimolóxica  Teixugueira,  un zootopónimo común no país que sinala os sitios onde hai presenza ou abundancia de  teixugos  ou  porco teixos , un tipo de mamífero de vida nocturna que se alimenta de bichocas, landras e plantas coma a do millo, polo que nalgúns lugares de Galicia se tocaba o corno polas noites para espantalo. Esta voz popular remite probablemente ao latín  taxo, taxonis , o nome latino que recibía o ‘teixugo’, aínda que podería vir tamén dunha suposta forma xermánica *thahsus ou do gótico *thahsuks.  

A PALABRAS DO ANO

Imagen
Escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos. Decidir colectivamente cal é a palabra que identifica o ano que remata é tamén un xeito de resumirmos como o vivimos. No bo ou no malo. E mesmo unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de agradecer o bo e de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra.                            Clika no enlace para acceder a web:     https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

FELICITANDO O NADAL DESDE O CEIP PENA DE FRANCIA

Imagen
</if

Toupiciencia - 1 - Xenética

Imagen
Unha miniserie de divulgación científica en galego dirixida a infancia na que descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.