Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como EFEMÉRIDES

COMADRE: PALABRA DO ANO 2022. Unha palabra tradicional para o feminismo do s. XXI

Imagen
O feminismo, un dos movementos máis determinantes no avance social dos últimos tempos, esta a vivir na última década un novo momento de auxe. Comadre é a primeira Palabra do Ano da lingua galega que reflicte a pegada que está a deixar na conversa pública cotiá, pero a importancia da perspectiva de xénero na forma de ollarmos o mundo en pleno século XXI xa se manifestou en edicións anteriores desta iniciativa, poñendo o foco tanto en grandes problemas como en conceptos positivos: En 2015 feminicidio foi unha das voces finalistas; en 2017, violencia de xénero; e en 2018 chegaron á final feminismo , sororidade e mais apoderamento . Comadre procede do latín tardío commāter, -tris onde xa indicaba unha relación de parentesco semellante e común para todos os romances de Occidente. O Dicionario da Real Academia Galega defínea así como “nai dunha persoa con relación ao padriño ou á madriña desta” ou a “madriña dunha persoa con relación ao padriño ou aos pais desta”. Mais na lingua familiar co

DÍA DA POESÍA

Imagen
O Día mundial da poesía foi proclamado pola Conferencia Xeral da Unesco e celebrouse por primeira vez o 21 de marzo de 2000. Este Día ten como propósito promover o ensino da poesía e fomentar a tradición oral dos recitais poéticos e por en valor a POESÍA como recurso didáctico Desde a escola propuxemos unha actividade,que constituiu todo un éxito de participación:                                                                    CHUVIA DE POEMAS A actividade de chuvia de poemas consiste en adornar as paredes da aula e da escola . Para elo úsanse cartulina e recortanse pingas de chuvia cun rotulador, cada estudiante escribirá en cada pinga de 2, 3 o 4 estrofas dalgún poema de autor coñecido.  Estes son os resultados....

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
Hoxe é un día de celebración na nosa terra porque no ano 1837 tal día coma hoxe nacía no concello daquela de Conxo a que ía ser unha das precursoras máis importantes de nosa língua e da loita pola igualdade de xénero. Desde a nosa escola rendimos unha pequena homenaxe a súa figura tan trascendental na nosa historia e na nosa identidade como pobo.

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: OUTUBRO. PREPARANDO O SAMAIN

Imagen

AS HERBAS DE SAN XOÁN

Imagen
 Desde a web " Orgullo Galego" explican dun xeito sinxelo pero moi detallado as princupais Herbas para a Noite de san Xoán..Commo sabedes Orgullo Galego son todas e todos os galegos orgullosos do seu, da súa terra, da súa lingua, do seu pobo, da súa idiosincrasia e da súa historia ocultada e negada. Das paisaxes, da gastronomía privilexiada, e como somos e pensamos, das nosas tradicións e da nosa mitoloxía.                    En resumo, do noso xeito de ver a vida. Herbas de San Xoán                                                                                                Clika aquí                                                                                                                   

DÍA DA LINGUA MATERNA

O Día Internacional da Lingua Materna pon de manifesto que as linguas e o multilingüismo poden fomentar a inclusión, e que os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible centranse en non deixar a ninguén atrás.  A UNESCO considera que a educación basada na primeira lingua o na lingua materna debe escomenzar desde os primeiros anos da escolaridade, xa que á atención e a educación da primeira infancia son o fundamento do aprendizaxe.

ANIVERSARIO DO PRESTIGE: CRONOLOXÍA DUN DESASTRE ANUNCIADO

Imagen
Pasaron xa 18 anos desa chamada por radio. Pasaban das tres da tarde, cando un barco con bandeira das Bahamas pedíu socorro frente a Costa da Morte, porque un golpe de mar abrira unha fenda no casco dese vello barco...un casco que custodiaba 77.000 toneladas de petróleo, que se filtraban, sen descanso, as costas galegas.  Era un mércores 13 de novembro do ano 2002 cando escomenzou a maior traxedia ecolóxica da historia de España. Conforme pasaban as semanas, o petróleo que seguía expulsando o petrolero afundido acercábase cada vez máis á costa ata que escomenzando o año 2003 as manchas de cru chegaron a mesma, orixinando un desastre ecolóxico de enormes proporcións.  Kilómetros de costa cubertos de chapapote, milleiros de aves e especies marinas mortas cubertas de petróleo.  Unha ola de solidaridade inundou toda España con miles de voluntarios que durante meses afanáronse en limpar o “chapapote” que quedó esparexido e adherido por toda a costa galega.  Creóuse o movemento  &quo

NOVEMBRO: MES DA CIENCIA

Imagen
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica. Como todos os ano s, Igaciencia  (Institución Galega de Ciencia) propón dedicarlle o Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego.  O científico estranxeiro deste ano é Robert Koch , microbiólogo alemán, considerado un dos pais da bacterioloxia, que descubriu os bacilos da tuberculose e do cólera e foi premio Nobel de Medicina en 1905.  Dado que a Asemblea das Nacións Unidas decidiu declarar 2020   "Ano internacional da sanidade vexetal" , optouse por escoller como científico galego o profesor Ernesto

SAMAÍN NO CEIP PENA DE FRANCIA 2020

Imagen
Un ano máis na escola celebramos a festa do Samaín , aínda que este curso dun xeito algo diferente por mor das circunstancias especias nas que nos atopamos. Moitas grazas a todo o alumnado e os pais/nais pola enorme participación e pola gran creatividade e interese amosado.                                                               Educación Infantil Educación Primaria( 1º,2º.3º,4º) 5º e 6º E Primaria

HISTORIAS DE SAMAÍN

CANCIÓNS DO SAMAÍN

Desde o Ceip Pio XII, Olga Abeixon amósanos esta magnífica selección de cancións sobre o Samaín.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2020 NO PENA DE FRANCIA (En confinamento)

Imagen
Como cada ano cando chegaban estas datas na nosa escola celebrábamos por todo o grande un Festival para festexar a nosa Lingua, O GALEGO, e porque nos sentimos orgullosos e orgullosas  de poder comunicarnos nunha lingua tan fermosa....pero este ano o confinamento.....deixounos sen ese festival.....pero non nos resignamos a deixar de facer algo como escola..... Por iso, propoñémosvos unha simpática e fácil actividade :  Primeiramente tedes que escoitar esta fermosa música do video desta entrada .....xa veredes como deseguida vos entran ganas de bailar e despois simplemente sacades unha foto bailando ( pode ser só, en parella, coa vosa mascota, con toda a vosa familia.....) e enviadela antes do día 18 de maio   ó  correo da vosa titora/titor. ...con todas as fotos recibidas faremos unha montaxe, que nos lembrará esta peculiar celebración das Letras Galegas 2020 "CALQUERA PROBLEMA DO MUNDO SE PODE ARRANXAR BAILANDO" James Brown

LETRAS GALEGAS: O MISTERIO DA CASA DE CARBALLO CALERO

Imagen
É para rematar con tantas e tan variadas propostas un divertido xogo, creado por Anuska a través do programa Genially.                                            

LETRAS GALEGAS. 1º PARTE

Imagen
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.                                       Este ano está adicado a                 Ricardo Carvalho Calero Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Deixovós aquí un interesante material elaborado polo Colexio San Pío X (Ourense).           

ADICADO A TODAS AS NAIS.....

Imagen
Primer single de "As catedrais silenciadas" de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Músicas de Salitre) )

OS MAIOS

Imagen
 Os Maios son unha das festas con maior tradición de Galicia e teñen como orixe dar a benvida á primavera. O seu elemento central é a representación ornamental a través de fiúncho, musgo, herbas, flores, froitas ... A xente canta arredor do Maio coplas ou cantigas.    Estes son algúns dos maios construidos na escola outros anos.....

AGASALLO DE LIBROS DE BAÍA EDICIÓNS NO DÍA DO LIBRO

Imagen
En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe. Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa. Si clikas na imaxe de abaixo, poderás acceder gratuitamente a unha morea de interesantes libros en galego. Asi que ánimo e non perdas a oportunidade!!!!!

DÍA DE ROSALÍA

Imagen

DÍA DA MULLER NA CIENCIA

Imagen
Desde sempre, as mulleres fomos invisibilizadas en todos os eidos da sociedade. Calquera mostra de inquedanza, calquera intento de formación, calquera demostración intelectual que puidera poñer en cuestión que pertencemos ao ámbito privado, eran motivos suficientemente válidos para imposibilitar o noso acceso a información.  Hoxe, Día Internacional da Muller na Ciencia , e todos os días homenaxeamos a todas aquelas mulleres bravas, que se revolucionaron contra a sociedade patriarcal, reivindicando un ensino feminista e científico

ENTROIDO NA ESCOLA

Imagen
Este ano imos a aprender algo máis sobre un dos entroidos máis representativos de Galicia:                                                   As Pantallas de Xinzo.