Entradas

Mostrando entradas de mayo, 2020

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2020(en confinamento)

Imagen

NON SERÁ PARA SEMPRE

Imagen

PALABRAS BONITAS

Os máis pequenos da escola amósannos a súas palabras preferidas no Galego

DIA DAS LETRAS GALEGAS

Imagen
Cada 17 de maio, na cerna da primavera, celebramos que en Galicia temos unha lingua e unha literatura propia. A través dela rememoramos o pasado, nomeamos o presente e construímos o futuro.

FESTIVAL LETRAS GALEGAS 2020 NO PENA DE FRANCIA (En confinamento)

Imagen
Como cada ano cando chegaban estas datas na nosa escola celebrábamos por todo o grande un Festival para festexar a nosa Lingua, O GALEGO, e porque nos sentimos orgullosos e orgullosas  de poder comunicarnos nunha lingua tan fermosa....pero este ano o confinamento.....deixounos sen ese festival.....pero non nos resignamos a deixar de facer algo como escola..... Por iso, propoñémosvos unha simpática e fácil actividade :  Primeiramente tedes que escoitar esta fermosa música do video desta entrada .....xa veredes como deseguida vos entran ganas de bailar e despois simplemente sacades unha foto bailando ( pode ser só, en parella, coa vosa mascota, con toda a vosa familia.....) e enviadela antes do día 18 de maio   ó  correo da vosa titora/titor. ...con todas as fotos recibidas faremos unha montaxe, que nos lembrará esta peculiar celebración das Letras Galegas 2020 "CALQUERA PROBLEMA DO MUNDO SE PODE ARRANXAR BAILANDO" James Brown

LETRAS GALEGAS: O MISTERIO DA CASA DE CARBALLO CALERO

Imagen
É para rematar con tantas e tan variadas propostas un divertido xogo, creado por Anuska a través do programa Genially.                                            

LETRAS GALEGAS ( 4º PARTE)."AS PITAS BAIXO A CHOIVA"

Imagen
Álbum ilustrado co texto orixinal do relato "As pitas baixo a choiva", publicado por don Ricardo Carvalho Calero na revista arxentina Lar en 1952. A presente edición, ilustrada por Alberto Toval, respeta a grafía orixinaria escollida polo autor naquela altura CLIKA NA IMAXE E ACCEDERÁS O CONTO

LETRAS GALEGAS (3º PARTE)

Imagen
Magnífico material que nós chega desde a  Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra ,  que comparte de balde co todas as escolas.                   Se clikas no en lace ,poderás acceder a Unidade didáctica As pitas baixo a choiva by A banda das pitas

LETRAS GALEGAS.2º PARTE

Imagen
Como cada ano por estas datas o Seminario Galán ofrecenos un variado repertorio de actividades para facer en liña(actividades lim) ou material en pdf para imprimir ou compartir co noso alumnado, e sempre axeitando dito material a súa idade .....por iso parécenos máis interesante que sexades vós os que seleccionedes o material que se adapta máis o voso alumnado.      Este é o enlace o seu material                              http://www.seminariogalan.org/

LETRAS GALEGAS. 1º PARTE

Imagen
A celebración do día das Letras Galegas, cada 17 de Maio, foi instituída no ano 1963 pola Real Academia Galega para conmemorar a publicación do libro de Rosalía de Castro " Cantares Gallegos", un 17 de Maio de 1863 e homenaxear a algún escritor ou escritora en lingua galega.                                       Este ano está adicado a                 Ricardo Carvalho Calero Foi membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, da Associaçom Galega da Lingua... e primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela. Carvalho Calero está considerado o ideólogo do reintegracionismo lingüístico galego, que defende que o noso idioma é unha variante da lingua portuguesa. Deixovós aquí un interesante material elaborado polo Colexio San Pío X (Ourense).           

ADICADO A TODAS AS NAIS.....

Imagen
Primer single de "As catedrais silenciadas" de Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre (Músicas de Salitre) )

OS MAIOS

Imagen
 Os Maios son unha das festas con maior tradición de Galicia e teñen como orixe dar a benvida á primavera. O seu elemento central é a representación ornamental a través de fiúncho, musgo, herbas, flores, froitas ... A xente canta arredor do Maio coplas ou cantigas.    Estes son algúns dos maios construidos na escola outros anos.....