Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como NADAL

PANXOLIÑAS DE NADAL (2º PARTE)

Imagen
3º E Primaria: Chegou o Nadal. 4º E Primaria: Volver a casa polo Nadal 5º E Primaria: Na casa da miña avoa 6º E Primaria: O Cometido

PANXOLIÑAS DE NADAL

Imagen
Como cada ano na escola recuperamos esa fermosa tradición do Nadal dos "Cantos de Reis" nos que participa todo o alumnado con distintas panxoliñas. Estas son as escollidas para este ano: E INFANTIL: Xa me tardan ese magos. 1º E Primaria: Buscando unha estrela. 2º E Primaria: Polo Nadal turrón e mazapán.
Imagen

PANXOLIÑAS DE CONCURSO

          A televisión de Galicia leva xa 4 anos organizando un concurso de cancións en galego, "Este Nadal canta con nós". Cada ano, de entre moitas cancións presentadas seleccionan unha gañadora.            Aquí tedes dúas de mostra: a gañadora do ano 2016 que se titula "O meu Nadal perfecto" de Iván Vale, e a canción gañadora do ano pasado titulada "Cando é Nadal". Os intérpretes desta última son os alumnos e profesores do CEIP San Clemente de Caldas de Reis. Noraboa por ese traballo tan ben feito!!! 

INTERCAMBIO DE POSTAIS

Imagen
          Ó longo desta semana cada neno e cada nena vai elaborar unha postal navideña para así felicitar estas festas a outro compañeir@ do noso cole.           Os buzóns colocaránse nas portas o xoves 20, e teremos ate o día 21 para ir enchéndoos cas nosas misivas.            De seguro que van ser unhas postais preciosas e sorprendentes xa que a imaxinación do noso alumnado non ten límites.                       

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: DECEMBRO

         Neste mes de Decembro imos adicar esta sección á preparación de seis cantigas do Nadal que serán interpretadas (unha por nivel) o venres 21 de decembro.           A  cada curso tócalle cantar a outro curso veciño, e deste xeito rememoramos unha tradición típica das nosas festas, xa que grupos de xente a cantar polas portas dos veciños esperando recibir un aguinaldo era unha tradición moi popular na nosa terra. En qué consistía ese aguinaldo? Pois nunha lambetada, comida ou algún outro agasallo.            Ademáis estes cánticos  teñen diferentes nomes según a data nas que os vaiamos cantar: no Nadal son panxoliñas, en fin de ano xaneiras, manueis ou aninovos e en Reis chámanse cantares de reis ou aguinaldos.            Así que xa sabedes, afinade as vosas voces porque o 21 de decembro non se sabe o que podedes atopar tralas portas dos vosos veciños.                         LISTADO DE CANCIÓNS POR CURSOS:                 1º A-B    NADAL (Mamá Cabra)            

OBLADI OBLADA(panxoliña de Nadal)

Unha simpática panxoliña de Nadal, versionando unha famosa cancións dos Beatles por Nerea Seijo.

CANTOS DE REIS

Imagen
Este curso académico o alumnado de primaria aprendeu diversas  panxoliñas que despois foi compartindo co resto do seus compañeiros/as. Eiquí tedes unha pequena mostra das brillantes intervencións.

FELICITANDO O NADAL NA ESCOLA

Imagen
Este ano cada alumno/a do centro escribiu unha felicitación de Nadal a outra compañeiro/a de outro curso e o día 21 de decembro foronse repartindo polos buzóns de cada clase.                                  BO NADAL A TODOS E TODAS!

TEMPO DE NADAL

Imagen
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO Cando o frio se fai xiada e o aire se enche dun neboeiro húmido que recende a lume e a leña….Cando os días son tan pequenos que sempre é noite…Cando a natureza se ispe… Cando as inclemencias do inverno nos invitan ó desespero… Sentimos que o Nadal está perto e a fin do ano solar está a cumprirse. Moita xente de hoxe, moderna e progresista ou que simplemente non quere tratos cos feitos relixiosos, rexeita o Nadal porque o xulga como una festa sentimental nada práctica ou con recendo Cristián cargando as tintas nas imposicións e o dominio relixioso de antano. Se cadra non entenden nada de nada. O nadal é un tempo de esperanza que ten raíces máis fondas e máis antergas. O cristianismo, ó estenderse polo mundo dominoi e modificou antigos ritos e celebracións que, coma o Nadal, tiñan outro sentido de fondas celebracións da Natureza e do Cosmos.   O Nadal é una festa agraria en plena simbiose coa  Natureza e co Cosmos, situada arredor do 24 de decembr

Postal dixital para o Nadal 2014-2015

Postal Nadal14 Gañadores postal colexio - Kizoa Movie Maker

Murais do concurso postal do Nadal

postal nadal2014 - Kizoa Movie Maker Canción e outros recursos

Postal de Nadal

concurso de postais

Imagen
Outro ano mais contamos co concurso das postais de nadal no colexio