TEMPO DE NADAL
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO
Cando o frio se fai xiada e o aire se enche dun neboeiro húmido que recende a lume e a leña….Cando os días son tan pequenos que sempre é noite…Cando a natureza se ispe… Cando as inclemencias do inverno nos invitan ó desespero…
Sentimos que o Nadal está perto e a fin do ano solar está a cumprirse.
Moita xente de hoxe, moderna e progresista ou que simplemente non quere tratos cos feitos relixiosos, rexeita o Nadal porque o xulga como una festa sentimental nada práctica ou con recendo Cristián cargando as tintas nas imposicións e o dominio relixioso de antano.
Se cadra non entenden nada de nada. O nadal é un tempo de esperanza que ten raíces máis fondas e máis antergas.
O cristianismo, ó estenderse polo mundo dominoi e modificou antigos ritos e celebracións que, coma o Nadal, tiñan outro sentido de fondas celebracións da Natureza e do Cosmos.
O Nadal é una festa agraria en plena simbiose coa Natureza e co Cosmos, situada arredor do 24 de decembro coma a festa do lume na que invitaban ó sol que morría, a renacer de novo.
Nas celebracións de Nadal todo vai orientado á Esperanza de que o sl cobre vida outra vez e desperté a terra durmida e xeada para que verdeza e produza alimentos dando vida así ós homes e as mulleres.
Non é pois, o Nadal, unha invención comercial para vender mil e unha trapallladas. Trátase dunha fonda celebración do Solsticio de Inverno, unha antiga festa pagá que o cristianismo modificou e vestiu os seus símbolos.
Xose Luís Rivas
Baldomero Iglesias