CULTURGAL
Culturgal celébrase os días 4,5 e 6 de Decembro do 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e no mesmo espazo no que arredor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais.
Conta con 120 actividades propias para estes tres días: Concertos,espectáculos familiares, encontros con escritores/as, estreos de películas e moito máis.
Asi que animádevos a visitalo.
Se queres saber máis da súa programación, clica na imaxe.