Entradas

Mostrando entradas de diciembre, 2022

COMADRE: PALABRA DO ANO 2022. Unha palabra tradicional para o feminismo do s. XXI

Imagen
O feminismo, un dos movementos máis determinantes no avance social dos últimos tempos, esta a vivir na última década un novo momento de auxe. Comadre é a primeira Palabra do Ano da lingua galega que reflicte a pegada que está a deixar na conversa pública cotiá, pero a importancia da perspectiva de xénero na forma de ollarmos o mundo en pleno século XXI xa se manifestou en edicións anteriores desta iniciativa, poñendo o foco tanto en grandes problemas como en conceptos positivos: En 2015 feminicidio foi unha das voces finalistas; en 2017, violencia de xénero; e en 2018 chegaron á final feminismo , sororidade e mais apoderamento . Comadre procede do latín tardío commāter, -tris onde xa indicaba unha relación de parentesco semellante e común para todos os romances de Occidente. O Dicionario da Real Academia Galega defínea así como “nai dunha persoa con relación ao padriño ou á madriña desta” ou a “madriña dunha persoa con relación ao padriño ou aos pais desta”. Mais na lingua familiar co

AVOA LOLA

Imagen
Simpático videoclip musical destinado ao público infantil sobre a base dun tema inédito da banda Música Miúda, "A avoa Lola", con letra e música de Óscar Martínez.

SABES O QUE TEMOS NO MAR?

Imagen
Vídeo divulgativo sobre a riqueza do noso mar, tanto no plano biolóxico coma no lingüístico. O seu obxectivo é dar a coñecer as especies e tipos de fondos e mais os nomes que reciben en galego, diferentes ao longo da costa. Combina imaxes reais das augas e dos fondos mariños con ilustracións das especies máis representativas. O proxecto contou co asesoramento da divulgadora científica Bibiana García.

GALICIA NO MUNDO

Imagen