Entradas

Mostrando entradas de 2016

CANTOS DE REIS

Imagen
Este curso académico o alumnado de primaria aprendeu diversas  panxoliñas que despois foi compartindo co resto do seus compañeiros/as. Eiquí tedes unha pequena mostra das brillantes intervencións.

FELICITANDO O NADAL NA ESCOLA

Imagen
Este ano cada alumno/a do centro escribiu unha felicitación de Nadal a outra compañeiro/a de outro curso e o día 21 de decembro foronse repartindo polos buzóns de cada clase.                                  BO NADAL A TODOS E TODAS!

"CHEA DE VIDA" DE GUADI GALEGO

Imagen
Unha animación de Carlos Lago para o tema "Chea de vida"recollido no disco "Lúas de outubro e agosto" de Guadi Galego

CULTURGAL

Imagen
Como tódolos anos Culturgal Feria das industrias culturais   c elébrase dos días 2 ao 4 de decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra chegando a súa novena edición. Nesta nova cita do sector cultural galego e nas portas dos dez anos da feira, o lema xirará ao redor da construción comunitaria da cultura do futuro.                                              Pincha sobre a imaxe para obter máis información

"CANTAROLAS PRA XENTE MIÚDA"

Imagen
Fai un xa un ano do falecemento dun dos nosos grandes escritorers, Xosé Neira Vilas, e a familia de Suso Vaamonde decidiu facerlle unha homenaxe á vez que lembran ao músico coa reedición de " Cantarolas pra xente miúda", en forma de libro-CD e con ilustracións de Antía Vaamonde. NORABOA POR ESTA INICIATIVA!!!

25 DE NOVEMBRO: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
Un vídeo denuncia elaborado desde o blog "Trafegando Ronseis"que reflexiona sobre o poder da palabra para cambiar o mundo.

O GALEGO NON PARA

Imagen
 Un orixinal vídeo elaborado por la comunidad educativa do IES Chapela e con música de Berrogueto

NOVEMBRO : MES DA CIENCIA EN GALEGO

Imagen
A Institución Galega da Ciencia adica o mes de Novembro ao por en valor a Lingua Galega como unha lingua útil e tan válida coma outra calquera para facer investigación e divulgación científica.  E escolleu á Angel Carracedo,profesor de Medicina Legal e Bioloxía Molecular da USC e conocido investigador e divulgador científico para a elaboración dun Manifesto. CLICK NA IMAXE PARA PODE LELO

OS XERANIOS DO SEÑOR ALFONSO

Imagen
Unha fermosa curta sobre o cariño e os coidados, e que ten como telón de fondo o despoboamento rural. Gañadora do 1º premio #OUFFescola no Ourense International Film Festival - OUFF e elaborada polo CPI Virxe da saleta de Cea

O MAGOSTO

     

EN LIÑA

Imagen
Un interesante vídeo elaborado polo alumnado do IES de Cacheiras sobre as relacións interpersonais.

TEMPO

Imagen
Tempo é un documentalde manuel Valcárcel apoiando a preservación do Caurel, unha das bisbarras con maior identidade de Galicia e Europa Occidental. Bosque milenarios, ríos, montes, lagoas e unha cultura excepcional son cada vez máis ameazados polos proxectos de megaminería e xestión forestal. Esta é a introdución deste interesante documental.

SAMAÍN

Imagen

PREPARANDO O SAMAÍN

Imagen

NON HAI MAÑÁN

Imagen
Un interesante documental sobre a alta demanda enerxética que se necesita na nova sociedade consumista e industrializada.

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS : SETEMBRO

Imagen

BENVIDOS/AS A UN NOVO CURSO ESCOLAR

Imagen
Un novo curso escolar escomenza mañán e dende este blog de Dinamización da Lingua Galega queremos seguir contribuindo ao fomento desa, a nosa Lingua , na nosa comunidade educativa e no contorno social. Aínda que desgrazadamente o horizonte que se albisca non é nada prometedor: a trasmisión interxeneracional da nosa lingua está totalmente esgazada, o uso do galego entre a xuventude alcanza mínimos históricos ano tras ano, os prexuizos, lonxe de combatérense están sendo reforzados...Nós seguimos pensando que a lingua galega forma parte do noso patrimonio cultural e da nosa identidade e, como tal, un ben común que nos une.     Por iso desde eiquí , quero animarvos a seguir empregando a fermosa lingua de Rosalía e de innumerables escritores insignes.         Feliz curso para todos e todas!!!

LETRAS GALEGAS 2016. MANUEL MARÍA

Imagen

OS MAIOS

Imagen

MANUEL MARÍA: ACTIVIDADES LIM

Imagen

LETRAS GALEGAS: CERTAMEN LITERARIO E CONCURSO DE CURTAMETRAXES

Imagen
Como todos os anos o EDLG convoca un certame literario e un concurso de curtametraxes para o alumnado de primaria, se vos interesa eestas son as bases para participar.

"BOS DÍAS PRINCESA"

Imagen
Unha historia de vida onde se amosa que implicar é a clave para aprendizaxe permanente e significativa nas idades escolares. Fermosa curtametraxe feita no CEIP de Cespón- Boiro.

A BOLBORETA SABELA

Imagen
Esta fermosa curtametraxe galega narra un conto cunha moralexa moi simple : a importancia do esforzo por aprender e saber falar máis dun idioma para saires airosos das máis diversas situacións.

MANUEL MARÍA NO TELEXORNAL

Imagen
Un informativo monográfico sobre a Manuel María realizado polo CPI  dos Dices - Rois.

DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. 8 DE MARZO

Imagen
O 8 de marzo celébrase o cabodano da morte de 192 mulleres en Nova Iorque por defenderen os seus dereitos. Hoxe as reivindicacións non cesan . O mundo avanza pero non para as mulleres: desigualdade laboral, desemprego, malos tratos...Por iso desde a nosa escola reivindicamos unha Educación en Igualdade que permita unha formación integral das nenas e nenos sen diferenciar as mensaxes en función do sexo e educar baixo valores coma o respeto cara os demáis.     Consentimento é fermoso traballo musical que como homenaxe o grupo Leilía fai a toda as mulleres galegas que souberon crear, manter e trasmitir o legado que forma parte da nosa tradición oral. Unha interesante  actividade Lim para coñecer a Clara Campoamor unha das principais impulsoras do sufraxio feminino en España na Segunda República, elaborada por Nela Abella.

24 DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA

Imagen
O  24 de Febreiro, día do nacemento da escritora, celébrase o Día de Rosalía. A súa densa creación literaria e o seu profundo amor por Galicia convertírona en todo un símbolo da nosa literatura.  Para saber máis sobre a súa vida e a súa obra , clika na imaxe

O GALEGO, LINGUA MINORITARIA ?

Imagen

DÍA DA LINGUA MATERNA

Imagen
 O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional de Lingua Materna, en recordo dos estudantes mortos en 1952 en Dacca (Blangladesh) por defender o Bengalí, a lingua do poeta, filósofo, músico e pintor Rabindranath Tagore.     A celebración da Lingua materna da comezo ao Ano das Linguas da Unesco, que ten coma finalidade convencer da importancia de perservar a diversidade e cultural ante o risco de desaparición que corren moitos idiomas do mundo.    Máis do 50% dos aproximadamente 7000 idiomas vivos atópanse en perigo de extinción; de se manter o ritmo actual estes desaparecerán antes de rematar o século XXI (xa que, de media, pérdese unha lingua cada quince días).    Ademáis cómpre lembrar que só un 25% das linguas (sobre unhas 1700) se ensinan na escola.         Desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega pensamos que a mellor homenaxe que se lle pode facer a nosa lingua é EMPREGALA.          Clika na imaxe e terás acceso a unha ionteresante guía da Lingua Galega, elabor

NAMORADOS

Imagen
O 14 de febreiro celébrase o Día dos namorados. Namorados da vida, da amistade, da terra, do país no que medras...Manuel María escribiu un fermoso poema que nos fala das marabillas da natureza da nosa terra e dunha nova amistade..." Todo me fala de Ti".  Disfrutade deste video en clave poética.    

ENTROIDO

Imagen
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É , sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

ACTIVIDADE LIM SOBRE A PAZ

Imagen

CAMPÁS POLA PAZ

Imagen
Vídeo eleborado polo Colexio Gándara de Monforte, a partir da cación "Campás para a paz" do libro-disco  "Pan de Millo".    

2016: O ANO DO POETA MANUEL MARÍA

Imagen
Iniciamos este ano adicado nas Letras Galegas a Manuel María cun dos seus poemas máis reivindicativos sobre a nosa lingua.