Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Concienciación.

A orixe da nosa lingua guapa - Primavera das Letras

Imagen
A orixe da nosa lingua guapa baséase nunha idea orixinal de Fina Casalderrey, autora dunha morea de historias que levan cativado varias xeracións de nenas e nenos. Damián Varela foi o director da orquestra a partir do guión asinado pola escritora e académica e a profesora Fátima R. Ruibal, a meiga-mestra que protagoniza esta película xunto ás verdadeiras estrelas: os nenos e as nenas do CPI Santa Lucía de Moraña que se converteron en actores e actrices para a ocasión. A película conta co apoio económico da Deputación da Coruña, patrocinadora de Primavera das Letras.

O GALEGO NA MIÑA VIDA: Ángel Carracedo

Imagen
Ángel Carracedo (Santa Comba) é doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela.  É profesor de Medicina Legal, Ética Médica, Xenética Forense, Medicina Xenómica e Molecular e Xenómica e Enfermidades Xenéticas na facultade de Medicina e Odontoloxía da devandita universidade. É catedrático de Medicina Legal desde 1989 e foi director do Instituto de Medicina Legal da USC (entre 1994 e 2012).  É director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia), director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII, ademais de xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santigo de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.  Ten publicados 12 libros e mais de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais revistas de xené

SER GALEGO MOLA

Imagen

SC. Atréveste a vivir a experiencia?

Imagen
Esta interesante campaña foi levada a cabo pola Mesa da Normalización Lingüística para garantir os dereitos linguisticos do galego no ámbito socioeconómico e presentada en forma de capítulos dunha serie inspirada en " Black Mirror".

INICIAMOS NOVO CURSO: LINGUA GALEGA

Imagen
Esta breve curta de  Manuel Singala  sobre a lingua galega e a súa situación no mundo pretende sensibilizarnos contra o uso dos prexuizos e a sensiblización sobre a nosa lingua..."esa sensación ambiental de que a opción do galego é antiga, errada, minoritaria , rural.......                                   Así que ánimo .....e a escomenzar un bo curso e EN GALEGO, Por que non?