Entradas

Mostrando las entradas etiquetadas como Magosto

NOVWE MESES, NOVE CANCIÓNS: NOVEMBRO. O MAGOSTO

Imagen
Unha das festas populares e tradicionais da nosa Terra é a coñecida como Magosto. Celebrada en todas as comarcas do noso País, mais con especial arraigo na zona de Ourense, Lugo e O Bierzo, organízase entorno á recollida de castañas. Antano preparábanse as fogueiras con rachóns de breixo para asar as castañas recollidas no monte. Os mozos e as mozas da aldea saltaban por riba do lume, purificándose co fume e pasándose a borralla do carbón pola cara. As datas dos magostos galegos varían dependendo da rexión de Galicia na que nos encontremos, achándose principalmente entre o 1 de Novembro, Día de Tódolos Santos, e o 11 de Novembro, Día de San Martiño . Antigamente facíanse os magostos no adro das igrexas e nos camposantos galegos, pois a castaña simbolizaba a inmortalidade ao provir dunha árbore de longa vida como é o castiñeiro, que pode chegar a durar séculos, e que se pensaba que conectaba aos vivos co alén. Dise que a cada castaña que estalaba no lume supoñía a liberación dunha ánima