Entradas

Mostrando entradas de abril, 2020

PROFE, E AGORA QUE FAGO? Editorial Triqueta

Imagen
A Editorial Triqueta comparte connosco este divertido libro. Con este libro gratuíto intentamos pór o noso gran de area para que estes días de confinamento sexan máis levadeiros para os nenos e nenas e amosar así que, aínda que non poidamos ir ao colexio, desde a casa podemos seguir a aprender facendo actividades lúdicas e divertidas. Porque aprender non ten que ser sinónimo de aburrime. Clika na imaxe e accederás o libro completo

#10 Save Galicia

Imagen

#envozpropia: Campaña nas redes sociais de Xerais

Imagen
Con motivo do confinamento, Xerais puxo en marcha a campaña #envozpropia, na que autores e autoras len a primeira páxina dun dos seus libros para logo compartir o vídeo nas redes sociais ( Twitter , Facebook , Instagra m e Youtube ).  A partir do 18 de marzo de 2020, e coas etiquetas #envozpropia, #librosxerais, #literaturagalega, #quedanacasa, Xerais leva publicados 33 vídeos de autoras e autores editados nas distintas coleccións do seu catálogo.                    CLOKA NO ENLACE E PODERÁS ACCEDER  OS VÍDEOS DOS/AS AUTORES/AS

9 MESES,9 CANCIÓNS :TODO O DÍA NA CASIÑA

Imagen
Nunca mellor escollido o título e a canción......que a disfrutedes moitooooo!

AGASALLO DE LIBROS DE BAÍA EDICIÓNS NO DÍA DO LIBRO

Imagen
En Baía Edicións estamos convencidas de que a única forma de frear a pandemia en Galicia neste momento pasa polo peche total e limitación de movementos. En consecuencia, non enviaremos libros, xa que pasan por moitas mans durante a viaxe. Sabemos que todas e todos temos moito que ler ou reler na casa, pero co beneplácito das súas autoras e autores deixamos unha listaxe de títulos a escoller que vos poden axudar a superar o confinamento. Só pedimos que lembredes a súa empatía e fagades un uso responsable destes textos respectando a súa obra, que tan xenerosamente prestaron para a nosa campaña #euquedolendo #baíaconnósnacasa. Si clikas na imaxe de abaixo, poderás acceder gratuitamente a unha morea de interesantes libros en galego. Asi que ánimo e non perdas a oportunidade!!!!!

UN CONTO SOBRE O CORONAVIRUS

Un fermoso CONTO ,ilustrado con papiroflexia, que nós fala deste terrible coronavirus e como protexernos do mesmo.                                           DISFRUTÁDEO MOITO!!!