VISITA DO CETREIRO DO AEROPORTO DE VIGO
O venres 5 de abril visitounos Álex, o cetreiro do aeroporto, unha persoa que se dedica a adestrar ás aves na caza e noutras habilidades, faino gañando a súa confianza.
As aves que poida haber nos aeroportos representan un serio perigo para a navegación aérea por estar expostas a que unha delas poida entrar dentro dun motor nas operacións de despegue e/ou aterraxe, ocasionando un terrible accidente.
Un dos cetreiros mais importantes foi Félix Rodríguez de la Fuente.
Àlex trouxonos ao colexio unha aguia, dous falcóns, un bufo e unha milana. Os nenos e nenas manifestaron moito interese no tema.
Moitas grazas a Álex e aos seus acompañantes, pola súa visita e por transmitir ao alumnado o interese pola cetraría e sobre todo polo coidado e protección das aves.