Reto 15-16
ODS número nove fálanos de infraestruturas resilientes, de promover a industrialización sostible e de fomentar a innovación.
“A innovación, así como as infraestruturas modernas e accesibles e mais as industrias sostibles que crean emprego, resultan fundamentais para o desenvolvemento. A tecnoloxía permite atopar solucións a problemas ambientais e económicos, mentres que o acceso ás TIC e a Internet debe ser igualitario para promover o coñecemento e o emprendemento, tamén nos países menos adiantados.”
Día da Paz e da Ilustración, Castelao
O pasado luns 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia en lembranza do asasinato de Gandhi neste día en 1948. Para as galegas e os galegos esta conmemoración vai tamén unida ao Día da Ilustración que, desde 2014, se celebra cada ano homenaxéase nesa data como referencia á do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.