Reto 8

Chegamos ao venres e imos aproveitar este día para reflexionar ademais de pasalo ben Ola, como vos vai? Como foi esta semana? Falastes moito en galego? E ti, aprendiches algunha palabra riquiña? Notades que falastes máis galego dende que comezastes cos 21 Días co galego e +? E ti, cóntanos. Cando o falas? E cando non o falas? Se non falas galego, esta semana tes que pensar un propósito especial para ti para falalo máis. E, se xa o falas, tes que pensar a quen vas axudar a falar máis ou mellor. E non esquezas levar o galego para a casa, que non lle gusta quedar soíño na escola a fin de semana. * Cando poidas, vai a páxina do xabarín club https://www.xabarin.gal/videos/detail/189762 Boa fin de semana e non esquezas visitar o blog tamén o sábado e o domingo coa túa familia para pasalo ben cos xogos que nos traen os dez colexios dos 21 Días co galego e + desta edición.

Entradas populares de este blog

Castelao