Entradas
Mostrando entradas de febrero, 2025
Reto 21
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Clausura, reflexión e valoración FALAMOS Hoxe tócache realizar a túa terceira e última gravación de reflexión: neste caso trátase dunha reflexión especial coa que se pretende que realices unha análise xeral da túa participación no proxecto. Para iso queremos que fagas memoria e que lembres como comezaches. 1 Consideras que nestas tres semanas aumentou a túa competencia oral en galego ou consideras que axudaches a que outras persoas mellorasen a súa competencia oral? Xustifica a resposta. 2 En caso afirmativo, coidas que aumentaría do mesmo xeito con outro tipo de actividade? Dinos como e dános ideas para mellorarmos. 3 Esta experiencia axudouche a coller soltura á hora de te desenvolveres diante dunha cámara? 4 En calquera acción que emprendamos, os logros relaciónanse directamente co grao de implicación. Do 1 ao 10, que nota cres que deberías levar no proxecto tendo en conta o desenvolvemento da túa competencia en lingua oral ou os logros que conseguiches con outras persoas? Do...
Reto19-20
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Vida de ecosistemas terrestres Día 18 – Vida de ecosistemas terrestres por 21 días co galego e máis 10. Febreiro 2023 21 Días co galego e máis 2023 E rematamos a nosa participación dos centros desta edición cos obxectivos ODS co estudo do número 15 do IES Plurlingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis. O obxectivo 15 trata sobre a vida dos ecosistemas terrestres e incide na necesidade de xestionar sustentablemente os bosques, loitar contra a desertificación, deter e inverter a degradación das terras e a perda de biodiversidade… Logo de verdes o vídeo, propómosvos as seguintes actividades para ampliardes o traballo ao redor deste obxectivo. Coñecedes algunha carballeira, souto, fraga… na vosa contorna? En caso negativo, facede unha pescuda preguntándolles a outras persoas (ou a través da Rede). Facede unha listaxe do que coñecedes ou atopastes e indicade nela o seu nome, localización.... Teñen algún tipo de mención ou protección? Propoñede algunha acción para promover / mellora...
Reto 17-18
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Redución das desigualdades Podemos falar dunha correspondencia entre desigualdade lingüística e desigualdade social? Vén aí o Entroido. Saberías atopar exemplos de como se reverten as desigualdades sociais nesta festa popular? Realizade un graffiti sobre a idea de Sermos lingua no que salientedes as desigualdades lingüísticas, sociais e económicas nas que vivimos. Podédeslle poñer de título Falando galego para un mundo mellor. Acción polo clima
Reto 15-16
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
ODS número nove fálanos de infraestruturas resilientes, de promover a industrialización sostible e de fomentar a innovación. “A innovación, así como as infraestruturas modernas e accesibles e mais as industrias sostibles que crean emprego, resultan fundamentais para o desenvolvemento. A tecnoloxía permite atopar solucións a problemas ambientais e económicos, mentres que o acceso ás TIC e a Internet debe ser igualitario para promover o coñecemento e o emprendemento, tamén nos países menos adiantados.” Día da Paz e da Ilustración, Castelao O pasado luns 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia en lembranza do asasinato de Gandhi neste día en 1948. Para as galegas e os galegos esta conmemoración vai tamén unida ao Día da Ilustración que, desde 2014, se celebra cada ano homenaxéase nesa data como referencia á do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Reto 12-13
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Ciencia en Galego Cos nenos/as do nCEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos Hoxe ímosvos propoñer dous temas musicais, no primeiro vemos como Esther se levanta científica coma nós con moita vitalidade para comezar o día querendo aprender cousas. ç O segundo tema musical que vos propoñemos é “María e a Curuxa” do artista Xabier Díaz. Este é o segundo single do disco Levantarse e caer publicado en abril de 2022. Gústanos moito porque é un fermoso videoclip animado, porque aparecen moitos animaliños e tamén porque nos convida á tranquilidade da noite.
Reto 10-11
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Os nenos/as doCEIP Emilio González López de Cambre para falarvos do cancioneiro popular galego, traémosvos tamén unha baralla de animais para xogar e propostas musicais. Para Xogar en galego suxerimos a seguinte canle Cantamos e bailamos E convidámosvos a que rematedes bailando a canción “Tataravoa” das Fillas de Cassandra.
Reto9-10
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Propostas para xogardes na casa Hoxe traémosvos refráns, adiviñas, léxico dialectal debuxado e baile co tema “Esto báilase así” de Uxía Lambona e a Banda Molona. Foron realizadas por rapazas e rapaces deste nivel educativo do CEIP Manuel Cordo Boullosa de Ponte Caldelas, do CEIP Plurilingüe de Sequelo, do CEIP Plurilingüe Julio Gurriarán Canalejas e do Colexio La Grande Obra de Atocha da Coruña. Esperamos que vos gusten e que o pasedes moi ben xogando en galego!.
Reto 8
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Chegamos ao venres e imos aproveitar este día para reflexionar ademais de pasalo ben Ola, como vos vai? Como foi esta semana? Falastes moito en galego? E ti, aprendiches algunha palabra riquiña? Notades que falastes máis galego dende que comezastes cos 21 Días co galego e +? E ti, cóntanos. Cando o falas? E cando non o falas? Se non falas galego, esta semana tes que pensar un propósito especial para ti para falalo máis. E, se xa o falas, tes que pensar a quen vas axudar a falar máis ou mellor. E non esquezas levar o galego para a casa, que non lle gusta quedar soíño na escola a fin de semana. * Cando poidas, vai a páxina do xabarín club https://www.xabarin.gal/videos/detail/189762 Boa fin de semana e non esquezas visitar o blog tamén o sábado e o domingo coa túa familia para pasalo ben cos xogos que nos traen os dez colexios dos 21 Días co galego e + desta edición.