Entradas

Rosalia

Imagen

Entroido 24-25

Imagen

Reto 21

Clausura, reflexión e valoración FALAMOS Hoxe tócache realizar a túa terceira e última gravación de reflexión: neste caso trátase dunha reflexión especial coa que se pretende que realices unha análise xeral da túa participación no proxecto. Para iso queremos que fagas memoria e que lembres como comezaches. 1 Consideras que nestas tres semanas aumentou a túa competencia oral en galego ou consideras que axudaches a que outras persoas mellorasen a súa competencia oral? Xustifica a resposta. 2 En caso afirmativo, coidas que aumentaría do mesmo xeito con outro tipo de actividade? Dinos como e dános ideas para mellorarmos. 3 Esta experiencia axudouche a coller soltura á hora de te desenvolveres diante dunha cámara? 4 En calquera acción que emprendamos, os logros relaciónanse directamente co grao de implicación. Do 1 ao 10, que nota cres que deberías levar no proxecto tendo en conta o desenvolvemento da túa competencia en lingua oral ou os logros que conseguiches con outras persoas? Do...

Reto19-20

Imagen
Vida de ecosistemas terrestres Día 18 – Vida de ecosistemas terrestres por 21 días co galego e máis 10. Febreiro 2023 21 Días co galego e máis 2023 E rematamos a nosa participación dos centros desta edición cos obxectivos ODS co estudo do número 15 do IES Plurlingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis. O obxectivo 15 trata sobre a vida dos ecosistemas terrestres e incide na necesidade de xestionar sustentablemente os bosques, loitar contra a desertificación, deter e inverter a degradación das terras e a perda de biodiversidade… Logo de verdes o vídeo, propómosvos as seguintes actividades para ampliardes o traballo ao redor deste obxectivo. Coñecedes algunha carballeira, souto, fraga… na vosa contorna? En caso negativo, facede unha pescuda preguntándolles a outras persoas (ou a través da Rede). Facede unha listaxe do que coñecedes ou atopastes e indicade nela o seu nome, localización.... Teñen algún tipo de mención ou protección? Propoñede algunha acción para promover / mellora...

Reto 17-18

Imagen
Redución das desigualdades Podemos falar dunha correspondencia entre desigualdade lingüística e desigualdade social? Vén aí o Entroido. Saberías atopar exemplos de como se reverten as desigualdades sociais nesta festa popular? Realizade un graffiti sobre a idea de Sermos lingua no que salientedes as desigualdades lingüísticas, sociais e económicas nas que vivimos. Podédeslle poñer de título Falando galego para un mundo mellor. Acción polo clima

Reto 15-16

Imagen
ODS número nove fálanos de infraestruturas resilientes, de promover a industrialización sostible e de fomentar a innovación. “A innovación, así como as infraestruturas modernas e accesibles e mais as industrias sostibles que crean emprego, resultan fundamentais para o desenvolvemento. A tecnoloxía permite atopar solucións a problemas ambientais e económicos, mentres que o acceso ás TIC e a Internet debe ser igualitario para promover o coñecemento e o emprendemento, tamén nos países menos adiantados.” Día da Paz e da Ilustración, Castelao O pasado luns 30 de xaneiro celebramos o Día Escolar da Paz e da Non Violencia en lembranza do asasinato de Gandhi neste día en 1948. Para as galegas e os galegos esta conmemoración vai tamén unida ao Día da Ilustración que, desde 2014, se celebra cada ano homenaxéase nesa data como referencia á do nacemento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Reto 12-13

Imagen
Ciencia en Galego Cos nenos/as do nCEIP Francisco Vales Villamarín de Betanzos Hoxe ímosvos propoñer dous temas musicais, no primeiro vemos como Esther se levanta científica coma nós con moita vitalidade para comezar o día querendo aprender cousas. ç O segundo tema musical que vos propoñemos é “María e a Curuxa” do artista Xabier Díaz. Este é o segundo single do disco Levantarse e caer publicado en abril de 2022. Gústanos moito porque é un fermoso videoclip animado, porque aparecen moitos animaliños e tamén porque nos convida á tranquilidade da noite.