Entradas

ENTROIDO

Imagen
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É , sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

ACTIVIDADE LIM SOBRE A PAZ

Imagen

CAMPÁS POLA PAZ

Imagen
Vídeo eleborado polo Colexio Gándara de Monforte, a partir da cación "Campás para a paz" do libro-disco  "Pan de Millo".    

2016: O ANO DO POETA MANUEL MARÍA

Imagen
Iniciamos este ano adicado nas Letras Galegas a Manuel María cun dos seus poemas máis reivindicativos sobre a nosa lingua.    

TEMPO DE NADAL

Imagen
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO Cando o frio se fai xiada e o aire se enche dun neboeiro húmido que recende a lume e a leña….Cando os días son tan pequenos que sempre é noite…Cando a natureza se ispe… Cando as inclemencias do inverno nos invitan ó desespero… Sentimos que o Nadal está perto e a fin do ano solar está a cumprirse. Moita xente de hoxe, moderna e progresista ou que simplemente non quere tratos cos feitos relixiosos, rexeita o Nadal porque o xulga como una festa sentimental nada práctica ou con recendo Cristián cargando as tintas nas imposicións e o dominio relixioso de antano. Se cadra non entenden nada de nada. O nadal é un tempo de esperanza que ten raíces máis fondas e máis antergas. O cristianismo, ó estenderse polo mundo dominoi e modificou antigos ritos e celebracións que, coma o Nadal, tiñan outro sentido de fondas celebracións da Natureza e do Cosmos.   O Nadal é una festa agraria en plena simbiose coa  Natureza e co Cosmos, situada arredor do 24 d...

O ABECEDARIO

Imagen
Unha fermosa canción para aprender o abecedario galego dun xeito divertido , con letra e música de Magin Blanco.

CULTURGAL

Imagen
Culturgal celébrase os días 4,5 e 6 de Decembro do 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e no mesmo espazo no que arredor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais.     Conta con 120 actividades propias para estes tres días: Concertos,espectáculos familiares, encontros con escritores/as, estreos de películas e moito máis.     Asi que animádevos a visitalo.   Se queres saber máis da súa programación, clica na imaxe.