Entradas

TEMPO DE NADAL

Imagen
BO NADAL E PRÓSPERO ANINOVO Cando o frio se fai xiada e o aire se enche dun neboeiro húmido que recende a lume e a leña….Cando os días son tan pequenos que sempre é noite…Cando a natureza se ispe… Cando as inclemencias do inverno nos invitan ó desespero… Sentimos que o Nadal está perto e a fin do ano solar está a cumprirse. Moita xente de hoxe, moderna e progresista ou que simplemente non quere tratos cos feitos relixiosos, rexeita o Nadal porque o xulga como una festa sentimental nada práctica ou con recendo Cristián cargando as tintas nas imposicións e o dominio relixioso de antano. Se cadra non entenden nada de nada. O nadal é un tempo de esperanza que ten raíces máis fondas e máis antergas. O cristianismo, ó estenderse polo mundo dominoi e modificou antigos ritos e celebracións que, coma o Nadal, tiñan outro sentido de fondas celebracións da Natureza e do Cosmos.   O Nadal é una festa agraria en plena simbiose coa  Natureza e co Cosmos, situada arredor do 24 d...

O ABECEDARIO

Imagen
Unha fermosa canción para aprender o abecedario galego dun xeito divertido , con letra e música de Magin Blanco.

CULTURGAL

Imagen
Culturgal celébrase os días 4,5 e 6 de Decembro do 2015 no Pazo da Cultura de Pontevedra. Nas datas habituais e no mesmo espazo no que arredor de 15.000 persoas danse cita anualmente na Feira das Industrias Culturais.     Conta con 120 actividades propias para estes tres días: Concertos,espectáculos familiares, encontros con escritores/as, estreos de películas e moito máis.     Asi que animádevos a visitalo.   Se queres saber máis da súa programación, clica na imaxe.        

HOMENAXE A NEIRA VILAS NO SEU PASAMENTO

Imagen
ATA PRONTO... NEIRA VILAS, o neno labrego máis universal.

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Imagen
É importante que todos e todas nos demos conta da transcendencia e potencialidade que a EDUCACIÖN encerra para erradicar unha das maiores lacras en todas as partes do planeta: a violencia que se exerce cara as mulleres. Unha violencia que se produce en todos os ámbitos da sociedade. De xeito explícito a través dos malos tratos pero tamén de xeito simbólico a través dos medios de comunicación, a violencia desculpada nas tradicións culturais, relixiosas...      Esta canción de Sés , Concordias de Papel , fala deste tema cunha sensibilidade extraordinaria. CONCORDIAS DE PAPEL Gardo cicatrices no faiado para queimar Sabendo que é posíbel que retomen sen chamar Mais non penso en trincheiras, canón, Granadas nen fusil Renuncio a máis defensas, vivo nun eterno abril Berro se me berran, non escondo a miña voz Vendo amor á terra e carne crúa para o feroz Aquel que cre que outra, outro ou eu han de calar Impugno o testamento que me obriga a venerar Eu xa non ...

23 de NOVEMBRO : DÍA INTERNACIONAL DOS BOSQUES AUTÓCTONOS

O día dos Bosques autóctonos xurde coma unha iniciativa de diversas ONGs españolas e que se ven celebrando dende fai máis de dez anos.      Esta iniciativa persigue, entre outros moitos obxectivos, informar e concienciar a opinión pública sobre todo o relacionado cos bosques autóctonos da Península Ibérica. Ademáis, búscase potenciar a recuperación dos nosos bosques e evitar a súa desaparición.             Esta interesante curta de J.Roberto Fernández López destaca a importancia do bosque e dalgunhas especies representativas do ecosistema galego. ( Para velo completo pinchar no recadro azul) Natureza galega. O bosque from José Roberto Fernández López on Vimeo .

PRESUMAMOS COMO GALEGOS

Imagen