Vida de ecosistemas terrestres Día 18 – Vida de ecosistemas terrestres por 21 días co galego e máis 10. Febreiro 2023 21 Días co galego e máis 2023 E rematamos a nosa participación dos centros desta edición cos obxectivos ODS co estudo do número 15 do IES Plurlingüe Aquis Celenis de Caldas de Reis. O obxectivo 15 trata sobre a vida dos ecosistemas terrestres e incide na necesidade de xestionar sustentablemente os bosques, loitar contra a desertificación, deter e inverter a degradación das terras e a perda de biodiversidade… Logo de verdes o vídeo, propómosvos as seguintes actividades para ampliardes o traballo ao redor deste obxectivo. Coñecedes algunha carballeira, souto, fraga… na vosa contorna? En caso negativo, facede unha pescuda preguntándolles a outras persoas (ou a través da Rede). Facede unha listaxe do que coñecedes ou atopastes e indicade nela o seu nome, localización.... Teñen algún tipo de mención ou protección? Propoñede algunha acción para promover / mellora...