Entradas

Dia 7

Imagen
As paisaxes das montañas galegas son impresionantes, imos coñecer ese tesouro para darnos conta da importancia de conservalo. Mirade esta marabilla de vídeo do noso Courel. Busca unha paisaxe da tua contorna de MOS.E observa,aaliza e reflexiona coa mestra/e. Sabemos que coñeces moitos animais pero… sabes como se din os sons que fan? Mira o seguinte Dígocho eu! e ponte ao día! Bailamos e cantamos

Dia 6

Imagen
Ao longo desta semana tamén imos falar destas cuestións En que lingua empezaches a falar? Ti cantas linguas sabes falar? E cantas linguas entendes? Dixeches que sabías portugués? Entendiches o que se dicía no vídeo? Pois se a túa resposta é si, súmalle o portugués ás linguas que coñeces! Se sabes falar máis dunha lingua, cal delas che cae mellor? Por que? Ti sabes ou imaxinas cantas linguas pode haber no mundo? E ti sabes cantas linguas saben falar as persoas da túa casa? Imos facer unha árbore lingüística familiar poñendo o nome da persoa e as linguas que fala e subliñando aquela en que fale máis, despois coas árbores podemos xuntalas e facer o bosque lingüístico da nosa aula. (Só para determinados niveis que deberá considerar a mestra ou mestre). Cantamos e bailamos

Dia 4

Imagen
Xogamos as palabras Tabú P odes crear na aula o voso propio xogo.

Dia 3

Imagen
O alumnado deste cole vainos falar dos oficios esquecidos, aqueles traballos que antes eran comúns e que agora, ou non existen, ou case non os vemos arredor de nós. Imos ver que nos contan: Xogamos ao “E ti quen vés sendo?” Se queredes seguir falando de oficios podedes xogar ao E TI QUEN VÉS SENDO? dos oficios. Instrucións para xogar: unha alumna ou un alumno colle unha carta ou un papel dunha baralla ou dun conxunto de notas (tamén pode ser simplemente un papel que lle entregue a mestra ou mestre) que contén o nome dunha profesión, leo pero non pode dicir o que pon porque é un segredo (tamén pode ser que simplemente llo diga en baixiño). O resto do alumnado ten que facerlle preguntas ás que só pode contestar de tres maneiras, dicindo SI, NON ou NON CHE SEI. Gaña a alumna ou alumno que adiviñe o oficio desa persoa. Sorpresa! Hoxe temos unha sorpresa. Chegounos unha mensaxe especial para vós. Si, si, para vós. Quen vos poderá mandar unha mensaxe a todas as alumnas e alumnos que...

Dia 2

Imagen
Falamos Que…? Como ides cos 21 días co galego e +? Que vos pareceu o vídeo? E ti comes froitas e verduras todos os días? Cales che gustan máis? De que cor son as que máis che gustan? A Tintileo, o crocodilo mascota do noso cole, non lle gustan as froitas. Por que cres que non lle gustan? Podes facer un xogo cos amigos e amigas ou coa túa familia para completardes unha táboa coma esta con nomes de froitas e verduras. E ti cantas cores coñeces? Se premes aquí poderás ver unha listaxe de 20 cores diferentes co seu nome. Analiza a cantidade e variedade das froitas e verduras que consomes e logo facede unha posta en común na aula para ver a que conclusións chegades. Cres que o consumo de froitas e verduras ademais de ser bo para a saúde é bo para o planeta? Xustifica a túa resposta. Propoñémosvos que preparedes un xantar con cores variadas no que empreguedes froitas e verduras que combinen ben. Para Infantil .

Dia 1

Imagen
Esta é unha aventura para ti e o teu galego, para que o descubras, para que o gardes no teu corazón, para que o acariñes, e para que te acompañe sempre, sempre, sempre ao longo da túa vida medrando en galego! Ti cres que vas botar as tres semanas co galego na boca? Por certo, non, non ides ter que falar sós, ides contar con todo o cole para falar. Que se ti queres tamén podes falar sen compañía, que ás veces fai moito ben falar a soas, que contigo nunca discutes. E tamén tes todo o mundo fóra do cole, vas levar sorpresa da cantidade de xente que fala galego en canto ti o falas, verás, verás. Haste de fixar hoxe canta xente che fala galego cando ti llo falas e mañá xa nolo contas no cole. Eu creo que o galego che senta moi ben, se te miras ben no espello fixaraste que te favorece moito. Reto 1

Reto