Dia 6
Ao longo desta semana tamén imos falar destas cuestións
En que lingua empezaches a falar?
Ti cantas linguas sabes falar?
E cantas linguas entendes?
Dixeches que sabías portugués?
Entendiches o que se dicía no vídeo? Pois se a túa resposta é si, súmalle o portugués ás linguas que coñeces!
Se sabes falar máis dunha lingua, cal delas che cae mellor? Por que?
Ti sabes ou imaxinas cantas linguas pode haber no mundo?
E ti sabes cantas linguas saben falar as persoas da túa casa?
Imos facer unha árbore lingüística familiar poñendo o nome da persoa e as linguas que fala e subliñando aquela en que fale máis, despois coas árbores podemos xuntalas e facer o bosque lingüístico da nosa aula. (Só para determinados niveis que deberá considerar a mestra ou mestre).
Cantamos e bailamos