NON A VIOLENCIA DE XÉNERO : 25 DE NOVEMBRO
O único camiño para eliminar a violencia machista é un cambio social onde as mulleres teñamos os mesmos dereitos e sexamos consideradas cidadás de primeira, como os homes. Unha sociedade onde non sexa necesario falar de cotas para que as mulleres asuman postos de responsabilidade nas empresas. Unha sociedade onde non se cuestione continuamente a valía das mulleres e onde non se someta a escrutinio o noso aspecto físico.
.
Unha sociedade onde os roles sexistas desaparezan.