Xogo tradicional no colexio

Un ano mais,nun recreo o mes formentamos os xogos tradicionais,este mes é o Pano.

O PanoDelimítase un terreo de xogo e divídese pola metade, onde se coloca a nai co pano suxeito cunha man estendida cara a diante. Nos extremos do campo colócanse dous equipos cuxos participantes se asignan entre si un número, unha letra, un dia da semana, etc., segun acórdese entre os xogadores.

Material: Un pano.

Xogo: A nai di, por exemplo, un número e teñen que saír correndo os participantes de cada equipo que teñan asignado ese número. Cando chegan á altura do pano teñen dúas posibilidades para non quedar eliminados:

collelo e correr cara ao seu campo procurando non ser tocado polo outro, ou

esperar a que o contrario se decida a collelo e intentar tocalo a el.

Tamén quedará eliminado se cruza o centro do campo antes de que o contrario colla o pano. Un dos compoñentes do equipo que perdese un dos seus xogadores no lance anterior, adoptará o número que tiña o seu compañeiro eliminado ademais do seu. O xogo remata cando un dos equipos queda sen participantes.





Entradas populares de este blog

Castelao