Entradas
DÍA DA POESÍA
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones

O Día mundial da poesía foi proclamado pola Conferencia Xeral da Unesco e celebrouse por primeira vez o 21 de marzo de 2000. Este Día ten como propósito promover o ensino da poesía e fomentar a tradición oral dos recitais poéticos e por en valor a POESÍA como recurso didáctico Desde a escola propuxemos unha actividade,que constituiu todo un éxito de participación: CHUVIA DE POEMAS A actividade de chuvia de poemas consiste en adornar as paredes da aula e da escola . Para elo úsanse cartulina e recortanse pingas de chuvia cun rotulador, cada estudiante escribirá en cada pinga de 2, 3 o 4 estrofas dalgún poema de autor coñecido. Estes son os resultados....
DÍA DA MULLER TRABALLADORA
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Un ano máis o 8 de Marzo, día das mulleres, achégase ás nosas vidas para nos lembrar, e non sen certa dor, que as mulleres aínda seguimos sendo discriminadas, maltratadas, asasinadas, tratadas de diferente forma que os homes na nosa sociedade e ata na nosa propia casa. Este ano, CORRESPONSABILIDADE . Corresponsabilidade significa: responsabilidade compartida, e é un dos fundamentos da convivencia. Significa asumir e compartir todas as responsabilidades na toma de decisións e na planificación de todas as tarefas necesarias
NOVE MESES , NOVE CANCIÓNS: MARZO
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Rosalía de Castro na radio escolar
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
DÍA DE ROSALÍA
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Hoxe é un día de celebración na nosa terra porque no ano 1837 tal día coma hoxe nacía no concello daquela de Conxo a que ía ser unha das precursoras máis importantes de nosa língua e da loita pola igualdade de xénero. Desde a nosa escola rendimos unha pequena homenaxe a súa figura tan trascendental na nosa historia e na nosa identidade como pobo.
DIA DA PAZ NO CEIP PENA DE FRANCIA
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Neste día escolar celébrase o aniversario da morte de Gandhi (30 de xaneiro de 1948), un dos defensores da non violencia na solución dos conflictos. A súa mensaxe é moi claro: “A PAZ é mellor ca guerra. Non hai camiños para a PAZ, a PAZ é o camiño”. Todos sabemos que a paz ten un significado máis amplio que o de ausencia da guerra . Tamén sabemos que a paz consíguese descubrindo que todos somos diferentes pero iguais. Sabemos que hai lugares no mundo onde a violencia é a única lei que impera e que hai moitos nenos e nenas que non saben xogar, que non saben ler nin escribir; que só saben de armas, de matar, de odiar, de torturar, porque nos seus países hai guerra.