Entradas
DÍA DE ROSALÍA
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Hoxe é un día de celebración na nosa terra porque no ano 1837 tal día coma hoxe nacía no concello daquela de Conxo a que ía ser unha das precursoras máis importantes de nosa língua e da loita pola igualdade de xénero. Desde a nosa escola rendimos unha pequena homenaxe a súa figura tan trascendental na nosa historia e na nosa identidade como pobo.
DIA DA PAZ NO CEIP PENA DE FRANCIA
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Neste día escolar celébrase o aniversario da morte de Gandhi (30 de xaneiro de 1948), un dos defensores da non violencia na solución dos conflictos. A súa mensaxe é moi claro: “A PAZ é mellor ca guerra. Non hai camiños para a PAZ, a PAZ é o camiño”. Todos sabemos que a paz ten un significado máis amplio que o de ausencia da guerra . Tamén sabemos que a paz consíguese descubrindo que todos somos diferentes pero iguais. Sabemos que hai lugares no mundo onde a violencia é a única lei que impera e que hai moitos nenos e nenas que non saben xogar, que non saben ler nin escribir; que só saben de armas, de matar, de odiar, de torturar, porque nos seus países hai guerra.
TANXUGUEIRAS: PALABRA DO ANO 2021
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O topónimo Tanxugueira popularizado pola banda musical designa unhas terras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós (Ourense), situadas nun alto e abeiradas. No territorio galego hai outro lugares co mesmo nome nos concellos de Catoira (Pontevedra), Dodro (A Coruña) e, de volta na provincia de Ourense, en Viana do Bolo. O vocábulo é unha alteración da forma etimolóxica Teixugueira, un zootopónimo común no país que sinala os sitios onde hai presenza ou abundancia de teixugos ou porco teixos , un tipo de mamífero de vida nocturna que se alimenta de bichocas, landras e plantas coma a do millo, polo que nalgúns lugares de Galicia se tocaba o corno polas noites para espantalo. Esta voz popular remite probablemente ao latín taxo, taxonis , o nome latino que recibía o ‘teixugo’, aínda que podería vir tamén dunha suposta forma xermánica *thahsus ou do gótico *thahsuks.
A PALABRAS DO ANO
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos. Decidir colectivamente cal é a palabra que identifica o ano que remata é tamén un xeito de resumirmos como o vivimos. No bo ou no malo. E mesmo unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de agradecer o bo e de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra. Clika no enlace para acceder a web: https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/
FELICITANDO O NADAL DESDE O CEIP PENA DE FRANCIA
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones