Entradas

DIA DA PAZ NO CEIP PENA DE FRANCIA

Imagen
  Neste día escolar   celébrase o aniversario da morte de Gandhi (30 de xaneiro de 1948), un dos defensores da non violencia na solución dos conflictos. A súa mensaxe é moi claro: “A   PAZ é mellor ca guerra. Non hai camiños para a PAZ, a PAZ é o camiño”. Todos sabemos que a paz ten un significado máis amplio que o de ausencia da guerra . Tamén sabemos que a paz consíguese descubrindo que todos somos diferentes pero iguais. Sabemos que hai lugares no mundo onde a violencia é a única lei que impera e que hai moitos nenos e nenas que non saben xogar, que non saben ler nin escribir; que só saben de armas, de matar, de odiar, de torturar, porque nos seus países hai guerra.

KAHOOT DO DÍA PAZ

Imagen
  DÍA DA PAZ

TANXUGUEIRAS: PALABRA DO ANO 2021

Imagen
O topónimo  Tanxugueira  popularizado pola banda musical designa unhas terras da parroquia de Fumaces, no concello de Riós (Ourense), situadas nun alto e abeiradas. No territorio galego hai outro lugares co mesmo nome nos concellos de Catoira (Pontevedra), Dodro (A Coruña) e, de volta na provincia de Ourense, en Viana do Bolo. O vocábulo é unha alteración da forma etimolóxica  Teixugueira,  un zootopónimo común no país que sinala os sitios onde hai presenza ou abundancia de  teixugos  ou  porco teixos , un tipo de mamífero de vida nocturna que se alimenta de bichocas, landras e plantas coma a do millo, polo que nalgúns lugares de Galicia se tocaba o corno polas noites para espantalo. Esta voz popular remite probablemente ao latín  taxo, taxonis , o nome latino que recibía o ‘teixugo’, aínda que podería vir tamén dunha suposta forma xermánica *thahsus ou do gótico *thahsuks.  

A PALABRAS DO ANO

Imagen
Escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que eliximos e creamos. Decidir colectivamente cal é a palabra que identifica o ano que remata é tamén un xeito de resumirmos como o vivimos. No bo ou no malo. E mesmo unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de agradecer o bo e de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra.                            Clika no enlace para acceder a web:     https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

FELICITANDO O NADAL DESDE O CEIP PENA DE FRANCIA

Imagen

Toupiciencia - 1 - Xenética

Imagen
Unha miniserie de divulgación científica en galego dirixida a infancia na que descubrirán o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química ou as matemáticas.

25 DE NOVEMBRO: Cancíón Nena coma mín

Imagen