Entradas

NÓS:PALABRA DO ANO

Imagen
  Nin pandemia nin ningún dos outros tres termos finalistas relacionados con ela.  Nós foi proclamada Palabra do Ano 2020 polas persoas que participaron ata o pasado 25 de decembro na elección popular promovida polo Portal das Palabras, a páxina web para a divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié.  A voz gañadora salienta algo bo dun ano ben complicado, a celebración do centenario da xeración Nós , e olla cara ao futuro con optimismo porque nos lembra tamén que saírmos da crise global provocada polo SARS-CoV-2 depende da primeira persoa do plural máis absoluta, xusto nun momento en que cobra forza outra das palabras finalistas cuxo éxito dependerá da implicación de todas e todos nós: vacina.

A PALABRA DO ANO

Imagen
 Como cada ano, coma unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié, dende o Portal das Palabras escóllese a P alabra do Ano: "A lingua é un espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e preocupa en cada momento a cada un, a cada unha de nós; a todos e todas como sociedade . O lugar onde as palabras existen con máis intensidade é a actualidade, ese día a día compartido no que, neste 2020 máis ca nunca, o público e o privado conflúen. Por iso, escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que escollemos e creamos. Que a maioría decida a palabra que identifica o ano que remata pode ser así un xeito de resumirmos como o vivimos. No bo ou no malo. Tamén pode ser unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra . "       Este ano as finalistas son: O período de votación remata ás  23:59 horas do dí...

FELICITANDO O NADAL DENDE O CEIP PENA DE FRANCIA

Imagen
Neste distanciador ano Covid queremos unir as nosas voces e a nosa ilusión para desexarvos a toda a Comunidade Educativa do noso centro un BO NADAL cheo de ledicia. Que a música, que xa nos uniu no confinamento, siga sendo portadora de todo o BO que permanece nos nosos corazóns e sexa quen de superar todas as distancias.    Ánimo, que xa falta menos e sobretodo ,  SENTIDIÑO E SAÚDE!!!                                                   EDUCACIÓN INFANTIL EDUCACIÓN PRIMARIA(1º,2º E 3º ) EDUCACIÓN PRIMARIA (4,5 e 6ºA)(Voces do alumnado) EDUCACIÓN PRIMARIA (4,5 e 6º B)(Voces do alumnado)

O NADAL NA ESCOLA

Imagen
 

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: DECEMBRO

Imagen

O GALEGO NA MIÑA VIDA: Ángel Carracedo

Imagen
Ángel Carracedo (Santa Comba) é doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela.  É profesor de Medicina Legal, Ética Médica, Xenética Forense, Medicina Xenómica e Molecular e Xenómica e Enfermidades Xenéticas na facultade de Medicina e Odontoloxía da devandita universidade. É catedrático de Medicina Legal desde 1989 e foi director do Instituto de Medicina Legal da USC (entre 1994 e 2012).  É director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica (SERGAS-Xunta de Galicia), director do Centro Nacional de Genotipado-ISCIII, ademais de xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras (CIBERER) e do Instituto de Investigación Sanitaria de Santigo de Compostela (IDIS). O grupo de Medicina Xenómica que coordina consta de 10 grupos de investigación, varias plataformas tecnolóxicas e arredor de 100 persoas.  Ten publicados 12 libros e mais de 600 artigos en revistas internacionais (SCI) incluíndo artigos en Nature, Science, NatureGenetics, ademais das principais re...

25 de Novembro: Día contra a violencia de xénero

Hoxe, e todos os días  MANIFESTO  A educación amósase imprescindíbel para erradicar unha das maiores e máis perniciosas lacras en todas as partes do planeta: a violencia que se exerce cara as mulleres. Esta violencia prodúcese en todos os ámbitos da sociedade. De maneira explícita, a través dos malos tratos, os feminicidios, a explotación e tráfico con fins sexuais, nos conflictos armados ou no acoso sexual; e de maneira simbólica ao través dos medios de comunicación, a violencia disculpada nas tradicións culturais e relixiosas ou a violencia institucional tolerada e silenciada. Por todo isto , precisamos dunha escola onde se supere a histórica invisibilidade das mulleres e onde se enseñe e se aprenda a construir a igualdade entre mulleres e homes. Ao mesmo tempo que fomentar cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que permitan construir unha convivencia entre todas as personas rexida polos principios de xustiza social, equidade, e igualdade.