Entradas

HIMNO GALEGO

       A próxima semana celebraremos no colexio o Día das Letras Galegas, e coma todos os anos, ao rematar as actuacións cantaremos todos xuntos o himno galego. Para que a vaiades practicando, deixamos aquí un vídeo coa letra e unhas fermosas imaxes da nosa terra. Esta versión do himno galego está interpretada pola cantante Lucía Pérez e pertence o seu albume Dígocho en galego.

VIDA E OBRA DE ANTÓN FRAGUAS

     Antón Fraguas é o protagonista do Día das Letras Galegas deste ano 2019. Foi escritor, etnógrafo, etnólogo e galeguista histórico. O seguinte vídeo recolle algúns datos da súa vida. 

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: MAIO

      Xa chegou o mes de Maio, e con él cheganos unha nova proposta de canción. Desta vez, tamén escollemos unha de Paco Nogueiras titulada  Meu o mundo é!

DÍA DO LIBRO

Imagen
     Calquer día é bo para ler un libro, ainda que hoxe, 23 de Abril, é o día da súa celebración, que se remonta ao ano 1926.      Nun 23 de Abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, por iso esta data que é tan simbólica para a literatura, foi a escollida para rendir homenaxe mundial ó libro. 

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: ABRIL

        Aproveitando que no mes de Abril temos a celebración do Día do Libro, suxerimos para esta sección a canción Nun libro  de Paco Nogueiras, incluida no seu álbume "Brinca Vai!"

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: MARZO

     A primavera xa chegou, solleira e florida... os días van facéndose máis longos e co solpor os grilos comezan a cantar.       Así que como proposta para este mes, que mellor que cantar nós a canción titulada "A primavera" de Mamá Cabra que narra ó pé da letra a estación que estamos empezando a experimentar. 

DÍA DA POESÍA

Imagen
     Hoxe celébrase o Día Internacional da Poesía ademáis do Día da Árbore. Por iso, para celebrar estas datas, propúxoselle ó alumnado crear haikus en galego. O haiku é unha miniatura poética de 17 sílabas, distribuidas en 3 versos. Procede do milenario Xapón e adoita facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá.