Entradas

DÍA DO LIBRO

Imagen
     Calquer día é bo para ler un libro, ainda que hoxe, 23 de Abril, é o día da súa celebración, que se remonta ao ano 1926.      Nun 23 de Abril de 1616 falecían Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, por iso esta data que é tan simbólica para a literatura, foi a escollida para rendir homenaxe mundial ó libro. 

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: ABRIL

        Aproveitando que no mes de Abril temos a celebración do Día do Libro, suxerimos para esta sección a canción Nun libro  de Paco Nogueiras, incluida no seu álbume "Brinca Vai!"

NOVE MESES, NOVE CANCIÓNS: MARZO

     A primavera xa chegou, solleira e florida... os días van facéndose máis longos e co solpor os grilos comezan a cantar.       Así que como proposta para este mes, que mellor que cantar nós a canción titulada "A primavera" de Mamá Cabra que narra ó pé da letra a estación que estamos empezando a experimentar. 

DÍA DA POESÍA

Imagen
     Hoxe celébrase o Día Internacional da Poesía ademáis do Día da Árbore. Por iso, para celebrar estas datas, propúxoselle ó alumnado crear haikus en galego. O haiku é unha miniatura poética de 17 sílabas, distribuidas en 3 versos. Procede do milenario Xapón e adoita facer referencia a escenas da natureza ou da vida cotiá. 

O ENTROIDO

     Esta semana celebramos a festa do Entroido, que culminará o venres día 1 de marzo co desfile de disfraces. Cada día, o alumnado vai cumplindo os mandatos do Meco.       Tamén vaise facer unha pequena investigación dende as clases, sobre as diferentes máscaras que se poden atopar ó longo de toda a xeografía galega.       Así que, para ambientarnos un pouco, temos aquí un vídeo que consiste nunha montaxe feita antes do desfile dos Entroidos Turísticos de Galicia polas rúas de Santiago de Compostela en xaneiro de 2015.

ACTO CONMEMORATIVO

     Hoxe baixamos o salón de actos, polos nosos chanzos versados,  para festexar o día de Rosalía. Conmemoramos esta data recitando algúns versos, cantando "Adeus ríos, adeus fontes" e bailando ó son da "Alborada de Rosalía".

DÍA DE ROSALÍA

Imagen
     Hoxe, día 24 de febreiro, celébrase o 182 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro.       Hoxe, Galicia enteira festexa esta data con numerosos actos en recordo da poetisa: intervencións teatralizadas, ofrendas florais, degustacións do "Caldo de Gloria" según a receita da poetisa, conferencias, interpretacións musicais e lectura de poemas.       Mañán faremos no colexio unha pequena homenaxe a escritora para celebrar o seu nacemento.