Entradas

MULLERES

Imagen
Estamos a vivir nunha sociedade que empeza a sensibilizarse e a rexeitar a violencia que se exerce contra das mulleres. A escola debe ser o lugar para fornecer valores como o respecto, a igualdade dentro da diversidade e da diferenza, o espirito crítico...

MES DA CIENCIA EN GALEGO

Imagen
Este ano está adicado a Fontán, un cartógrafo do século XIX, que case sen medios fixo no ano 1834 un mapa de Galicia que sería durante 150 anos o mellor mapa feito do noso pais. Se queres saber máis sobre o tema,fai click na imaxe

Cantares de Brión canta a Galicia arrasada polo LUME

Imagen
O coro Cantares de Brión vén de publicar un vídeo musical no que canta á Galicia arrasada pola vaga de incendios deste mes de outubro. Unha canción cos 'Poemas ó Outono' (1977) de Manuel María —homenaxeado no Día das Letras Galegas 2016—, con música de Luís Correa e arranxos de Pablo Rial. O vídeo musical mostra as devastadoras imaxes dunha terra calcinada, pero tamén abre ao final unha fiestra de esperanza, aos novos xermolos para restaurar a Galicia verde.

SAMAÍN 2017

Imagen
Un ano máis e grazas a inestimable colaboración do alumnado do noso centro e dos seus pais e nais facemos unha gran exposición chea de creatividade e fantasia.

SAMAÍN - MAGOSTO

Imagen
Se queres escoitar as mellores cancións do Samaín e Magosto, só tes que clikar na palabra Samaín e poderás escoitalas.

NORABOA A GARCÍA TEIJEIRO

Imagen
Un dos nosos escritores máis admirados por esa sensibilidade e capacidade para facer "a poesía necesaría" na aula, ven de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que otorga o Ministerio de Cultura cun libro editado en galego por Xerais  "Poema ao mar" , que supón o peche dunha triloxía que iniciaron as obras "En la cuna del mar" e "Palabras ao mar.                         Noraboa Antonio pos este ben merecido galardón!!! Fai clik na imaxe para saber máis sobre este escritor.

O PERGAMIÑO VINDEL

Imagen
800 anos despois da súa partida o Pergamiño Vindel regresa a Vigo. Esta xoia bibliográfica da Literatura Galega Medieval é un manuscrito con sete Cantigas de Amigo do poeta Martín Códax. Este excepcional documento da música e da literatura medieval foi cedido pola Morgan&Library Museum de Nova Iork ao Museo do Mar de Vigo para a exposición " Berce da nosa cultura" da que constituira a peza fundamental. A exposición manteráse aberta desde outubro de 2017 a marzo 2018 polo que haberá tempo dabondo para unha merecida visita. Fai clik na imaxe para acceder o documento orixinal