Entradas

SAMAÍN 2017

Imagen
Un ano máis e grazas a inestimable colaboración do alumnado do noso centro e dos seus pais e nais facemos unha gran exposición chea de creatividade e fantasia.

SAMAÍN - MAGOSTO

Imagen
Se queres escoitar as mellores cancións do Samaín e Magosto, só tes que clikar na palabra Samaín e poderás escoitalas.

NORABOA A GARCÍA TEIJEIRO

Imagen
Un dos nosos escritores máis admirados por esa sensibilidade e capacidade para facer "a poesía necesaría" na aula, ven de gañar o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil que otorga o Ministerio de Cultura cun libro editado en galego por Xerais  "Poema ao mar" , que supón o peche dunha triloxía que iniciaron as obras "En la cuna del mar" e "Palabras ao mar.                         Noraboa Antonio pos este ben merecido galardón!!! Fai clik na imaxe para saber máis sobre este escritor.

O PERGAMIÑO VINDEL

Imagen
800 anos despois da súa partida o Pergamiño Vindel regresa a Vigo. Esta xoia bibliográfica da Literatura Galega Medieval é un manuscrito con sete Cantigas de Amigo do poeta Martín Códax. Este excepcional documento da música e da literatura medieval foi cedido pola Morgan&Library Museum de Nova Iork ao Museo do Mar de Vigo para a exposición " Berce da nosa cultura" da que constituira a peza fundamental. A exposición manteráse aberta desde outubro de 2017 a marzo 2018 polo que haberá tempo dabondo para unha merecida visita. Fai clik na imaxe para acceder o documento orixinal

DÍA EUROPEO DAS LINGUAS

Imagen
O Ano Europeo das Linguas 2001, organizado de maneira conxunta polo Consello de Europa e pola Unión Europea, logrou implicar millóns de persoas nos 45 países participantes a través de actividades que celebraban a diversidade en Europa e que promovían a aprendizaxe de linguas. Desde esa data celébrase cada 26 de setembro co obxectivo de otorgar os idiomas a importancia que se merecen e fomentar a cultura no continente. FAI SOBRE A IMAXE PARA OBTER MÁIS INFORMACIÓN

HOMENAXE A CASTELAO

Imagen
CASTELAO , unha das figuras máis senlleiras das nosas letras e figura relevante da nosa historia do século xx, foi un home polifacético : médico, escritor, pintor e caricaturista, político e por riba de todo un gran amante da nosa nación galega. Desde aquí a nosa pequeña homenaxe. “Se aínda somos galegos/as é por obra e gracia do idioma”

LETRAS GALEGAS 2017

Imagen