Entradas

HOMENAXE A CASTELAO

Imagen
CASTELAO , unha das figuras máis senlleiras das nosas letras e figura relevante da nosa historia do século xx, foi un home polifacético : médico, escritor, pintor e caricaturista, político e por riba de todo un gran amante da nosa nación galega. Desde aquí a nosa pequeña homenaxe. “Se aínda somos galegos/as é por obra e gracia do idioma”

LETRAS GALEGAS 2017

Imagen

CELEBRANDO OS MAIOS NA ESCOLA

Imagen
Noraboa polo magnífico traballo realizado ao alumnado de 4º E P e as súas mestras Rosa e Cris .

CARLOS CASARES

Imagen

OS MAIOS

Imagen
Os Maios son unha das máis fermosas tradicións galegas, unha desas ancestrais festas do ciclo do ano tan estreitamente relacionadas co mundo agrario e a fertilidade da terra.        É unha festividade estreitamente  relacionada coa agricultura e a celebración do espertar da vida vexetal, do poder rexenerador da natureza que coincide coa chegada da primavera, do bo tempo, dos días máis longos e do comezo do ano agrícola.      Desde a escola, como todos os anos, tamén imos celebrar esta festa tradicional tan arraigada na nosa terra e para eso precisamos da vosa colaboración, sempre tan importante. Imos elaborar o noso maio e precisamos que traiades a escola: FIUNCHO, XESTAS, MARGARIDAS, ROSAS, CAMELIAS, PAMPILLOS, CALAS…     Este material deberá traerse á escola o MÉRCORES 3 DE MAIO  e será recollida nas aulas.

OS MAIOS

Imagen

VISITA DO POETA GARCÍA TEIJEIRO

Imagen
Hoxe visitou a nosa escola unha persoa moi especial: Un mestre-poeta. Compartiu connosco unha chea de vivencias, experiencias e sentimentos.Foi capaz de transmitirnos a todos nós esa paixón pola poesía, pola palabra que el leva tan fondamente.       MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR UN MOMENTO TAN MÁXICO!!!