Entradas

OS MAIOS

Imagen

MANUEL MARÍA: ACTIVIDADES LIM

Imagen

LETRAS GALEGAS: CERTAMEN LITERARIO E CONCURSO DE CURTAMETRAXES

Imagen
Como todos os anos o EDLG convoca un certame literario e un concurso de curtametraxes para o alumnado de primaria, se vos interesa eestas son as bases para participar.

"BOS DÍAS PRINCESA"

Imagen
Unha historia de vida onde se amosa que implicar é a clave para aprendizaxe permanente e significativa nas idades escolares. Fermosa curtametraxe feita no CEIP de Cespón- Boiro.

A BOLBORETA SABELA

Imagen
Esta fermosa curtametraxe galega narra un conto cunha moralexa moi simple : a importancia do esforzo por aprender e saber falar máis dun idioma para saires airosos das máis diversas situacións.

MANUEL MARÍA NO TELEXORNAL

Imagen
Un informativo monográfico sobre a Manuel María realizado polo CPI  dos Dices - Rois.

DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. 8 DE MARZO

Imagen
O 8 de marzo celébrase o cabodano da morte de 192 mulleres en Nova Iorque por defenderen os seus dereitos. Hoxe as reivindicacións non cesan . O mundo avanza pero non para as mulleres: desigualdade laboral, desemprego, malos tratos...Por iso desde a nosa escola reivindicamos unha Educación en Igualdade que permita unha formación integral das nenas e nenos sen diferenciar as mensaxes en función do sexo e educar baixo valores coma o respeto cara os demáis.     Consentimento é fermoso traballo musical que como homenaxe o grupo Leilía fai a toda as mulleres galegas que souberon crear, manter e trasmitir o legado que forma parte da nosa tradición oral. Unha interesante  actividade Lim para coñecer a Clara Campoamor unha das principais impulsoras do sufraxio feminino en España na Segunda República, elaborada por Nela Abella.