Entradas

DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. 8 DE MARZO

Imagen
O 8 de marzo celébrase o cabodano da morte de 192 mulleres en Nova Iorque por defenderen os seus dereitos. Hoxe as reivindicacións non cesan . O mundo avanza pero non para as mulleres: desigualdade laboral, desemprego, malos tratos...Por iso desde a nosa escola reivindicamos unha Educación en Igualdade que permita unha formación integral das nenas e nenos sen diferenciar as mensaxes en función do sexo e educar baixo valores coma o respeto cara os demáis.     Consentimento é fermoso traballo musical que como homenaxe o grupo Leilía fai a toda as mulleres galegas que souberon crear, manter e trasmitir o legado que forma parte da nosa tradición oral. Unha interesante  actividade Lim para coñecer a Clara Campoamor unha das principais impulsoras do sufraxio feminino en España na Segunda República, elaborada por Nela Abella.

24 DE FEBREIRO : DÍA DE ROSALÍA

Imagen
O  24 de Febreiro, día do nacemento da escritora, celébrase o Día de Rosalía. A súa densa creación literaria e o seu profundo amor por Galicia convertírona en todo un símbolo da nosa literatura.  Para saber máis sobre a súa vida e a súa obra , clika na imaxe

O GALEGO, LINGUA MINORITARIA ?

Imagen

DÍA DA LINGUA MATERNA

Imagen
 O 21 de febreiro celébrase o Día Internacional de Lingua Materna, en recordo dos estudantes mortos en 1952 en Dacca (Blangladesh) por defender o Bengalí, a lingua do poeta, filósofo, músico e pintor Rabindranath Tagore.     A celebración da Lingua materna da comezo ao Ano das Linguas da Unesco, que ten coma finalidade convencer da importancia de perservar a diversidade e cultural ante o risco de desaparición que corren moitos idiomas do mundo.    Máis do 50% dos aproximadamente 7000 idiomas vivos atópanse en perigo de extinción; de se manter o ritmo actual estes desaparecerán antes de rematar o século XXI (xa que, de media, pérdese unha lingua cada quince días).    Ademáis cómpre lembrar que só un 25% das linguas (sobre unhas 1700) se ensinan na escola.         Desde o equipo de Dinamización da Lingua Galega pensamos que a mellor homenaxe que se lle pode facer a nosa lingua é EMPREGALA.          ...

NAMORADOS

Imagen
O 14 de febreiro celébrase o Día dos namorados. Namorados da vida, da amistade, da terra, do país no que medras...Manuel María escribiu un fermoso poema que nos fala das marabillas da natureza da nosa terra e dunha nova amistade..." Todo me fala de Ti".  Disfrutade deste video en clave poética.    

ENTROIDO

Imagen
O Entroido é unha festa popular que ten a súa orixe como indicación da fin do inverno e o comezo da primavera. Nel conflúen rituais cristiáns e paganos, sendo a época na que se poden romper tódalas normas, cambiar de personalidade ou identidade e ironizar sobre as institucións máis asentadas. É , sen dúbida, a festa máis irreverente do calendario galego. Foi por iso que se prohibiu durante a época franquista, malia que se mantivo vivo nas aldeas.

ACTIVIDADE LIM SOBRE A PAZ

Imagen