É importante que todos e todas nos demos conta da transcendencia e potencialidade que a EDUCACIÖN encerra para erradicar unha das maiores lacras en todas as partes do planeta: a violencia que se exerce cara as mulleres. Unha violencia que se produce en todos os ámbitos da sociedade. De xeito explícito a través dos malos tratos pero tamén de xeito simbólico a través dos medios de comunicación, a violencia desculpada nas tradicións culturais, relixiosas... Esta canción de Sés , Concordias de Papel , fala deste tema cunha sensibilidade extraordinaria. CONCORDIAS DE PAPEL Gardo cicatrices no faiado para queimar Sabendo que é posíbel que retomen sen chamar Mais non penso en trincheiras, canón, Granadas nen fusil Renuncio a máis defensas, vivo nun eterno abril Berro se me berran, non escondo a miña voz Vendo amor á terra e carne crúa para o feroz Aquel que cre que outra, outro ou eu han de calar Impugno o testamento que me obriga a venerar Eu xa non ...