Dia 3
O alumnado deste cole vainos falar dos oficios esquecidos, aqueles traballos que antes eran comúns e que agora, ou non existen, ou case non os vemos arredor de nós. Imos ver que nos contan:
Xogamos ao “E ti quen vés sendo?”
Se queredes seguir falando de oficios podedes xogar ao E TI QUEN VÉS SENDO? dos oficios.
Instrucións para xogar: unha alumna ou un alumno colle unha carta ou un papel dunha baralla ou dun conxunto de notas (tamén pode ser simplemente un papel que lle entregue a mestra ou mestre) que contén o nome dunha profesión, leo pero non pode dicir o que pon porque é un segredo (tamén pode ser que simplemente llo diga en baixiño). O resto do alumnado ten que facerlle preguntas ás que só pode contestar de tres maneiras, dicindo SI, NON ou NON CHE SEI. Gaña a alumna ou alumno que adiviñe o oficio desa persoa.
Sorpresa!
Hoxe temos unha sorpresa. Chegounos unha mensaxe especial para vós. Si, si, para vós.
Quen vos poderá mandar unha mensaxe a todas as alumnas e alumnos que facedes os 21 Días co galego e máis???
Vouvos dar unha pista, son 2 e un deles é azul e branco. Aínda non se vos ocorre ninguén?
Veña, vai, dádelle á imaxe e xa ides ver.
(Preme na imaxe para ver o vídeo)