Dia 2

Falamos Que…? Como ides cos 21 días co galego e +? Que vos pareceu o vídeo? E ti comes froitas e verduras todos os días? Cales che gustan máis? De que cor son as que máis che gustan? A Tintileo, o crocodilo mascota do noso cole, non lle gustan as froitas. Por que cres que non lle gustan? Podes facer un xogo cos amigos e amigas ou coa túa familia para completardes unha táboa coma esta con nomes de froitas e verduras.
E ti cantas cores coñeces? Se premes aquí poderás ver unha listaxe de 20 cores diferentes co seu nome. Analiza a cantidade e variedade das froitas e verduras que consomes e logo facede unha posta en común na aula para ver a que conclusións chegades. Cres que o consumo de froitas e verduras ademais de ser bo para a saúde é bo para o planeta? Xustifica a túa resposta. Propoñémosvos que preparedes un xantar con cores variadas no que empreguedes froitas e verduras que combinen ben. Para Infantil .

Entradas populares de este blog