Dia 1

Esta é unha aventura para ti e o teu galego, para que o descubras, para que o gardes no teu corazón, para que o acariñes, e para que te acompañe sempre, sempre, sempre ao longo da túa vida medrando en galego! Ti cres que vas botar as tres semanas co galego na boca? Por certo, non, non ides ter que falar sós, ides contar con todo o cole para falar. Que se ti queres tamén podes falar sen compañía, que ás veces fai moito ben falar a soas, que contigo nunca discutes. E tamén tes todo o mundo fóra do cole, vas levar sorpresa da cantidade de xente que fala galego en canto ti o falas, verás, verás. Haste de fixar hoxe canta xente che fala galego cando ti llo falas e mañá xa nolo contas no cole. Eu creo que o galego che senta moi ben, se te miras ben no espello fixaraste que te favorece moito. Reto 1

Entradas populares de este blog