Rosalía 25-26
🌿 “Hábitat de Rosalía – CEIP Pena de Francia” 🌿
No CEIP Pena de Francia,
onde esperta o corazón,
medran versos polo patio
coma herba tras o sol.
Entre risas e cadernos,
entre xogos e ilusión,
hai unha voz que nos acompaña
e que nunca di adeus.
Entre montes e palabras
hai memoria e hai raíz,
unha chama pequeniña
que nos ensina a vivir.
Rosalía, hábitat do sentir,
terra viva dentro de nós,
no CEIP Pena de Francia
soa forte a túa voz.
Se o mundo pesa e doe máis,
ti fas do pouco eternidade,
flor valente, luz acesa,
dignidade.
Falaches de ríos e fontes,
de morriña e de fogar,
do caldo humilde que sabe
a forza para loitar.
E hoxe os nenos e nenas
aprenden coa túa canción
que na lingua e na tenrura
latexa o corazón

