Dia 3
O alumnado deste cole vainos falar dos oficios esquecidos, aqueles traballos que antes eran comúns e que agora, ou non existen, ou case non os vemos arredor de nós. Imos ver que nos contan: Xogamos ao “E ti quen vés sendo?” Se queredes seguir falando de oficios podedes xogar ao E TI QUEN VÉS SENDO? dos oficios. Instrucións para xogar: unha alumna ou un alumno colle unha carta ou un papel dunha baralla ou dun conxunto de notas (tamén pode ser simplemente un papel que lle entregue a mestra ou mestre) que contén o nome dunha profesión, leo pero non pode dicir o que pon porque é un segredo (tamén pode ser que simplemente llo diga en baixiño). O resto do alumnado ten que facerlle preguntas ás que só pode contestar de tres maneiras, dicindo SI, NON ou NON CHE SEI. Gaña a alumna ou alumno que adiviñe o oficio desa persoa. Sorpresa! Hoxe temos unha sorpresa. Chegounos unha mensaxe especial para vós. Si, si, para vós. Quen vos poderá mandar unha mensaxe a todas as alumnas e alumnos que...