A PALABRA DO ANO

 Como cada ano, coma unha iniciativa da RAG e a Fundación Barrié, dende o Portal das Palabras escóllese a Palabra do Ano:

"A lingua é un espello do que somos, do que queremos ser, do que nos ocupa e preocupa en cada momento
a cada un, a cada unha de nós; a todos e todas como sociedade. O lugar onde as palabras existen con máis intensidade é a actualidade, ese día a día compartido no que, neste 2020 máis ca nunca, o público e o privado conflúen. Por iso, escoller unha Palabra do Ano significa tomar ao mesmo tempo conciencia do valor da lingua e do que designan as palabras que escollemos e creamos.

Que a maioría decida a palabra que identifica o ano que remata pode ser así un xeito de resumirmos como o vivimos. No bo ou no malo. Tamén pode ser unha maneira de redimírmonos daquilo que se quere deixar atrás. Ou unha forma de buscar acougo. Vós decidides. Vós tendes a palabra."

      Este ano as finalistas son:


O período de votación remata ás 23:59 horas do día 25 de decembro.


MÁIS INFORMACIÓN NO ENLACE INFERIOR:

https://portaldaspalabras.gal/palabradoano/

Entradas populares de este blog