NOVEMBRO: MES DA CIENCIA
Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai once anos o profesorado de Galicia comezou a celebrar en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.
Como todos os anos, Igaciencia (Institución Galega de Ciencia) propón dedicarlle o Mes da Ciencia a dous científicos, un estranxeiro e outro galego.
O científico estranxeiro deste ano é Robert Koch, microbiólogo alemán, considerado un dos pais da bacterioloxia, que descubriu os bacilos da tuberculose e do cólera e foi premio Nobel de Medicina en 1905.
Dado que a Asemblea das Nacións Unidas decidiu declarar 2020
"Ano internacional da sanidade vexetal", optouse por escoller como científico galego o profesor Ernesto Viéitez Cortizo, que se ocupou de fisioloxía vexetal.