25 de Novembro: Día contra a violencia de xénero
Hoxe, e todos os días
MANIFESTO
A educación amósase imprescindíbel para erradicar unha das maiores e máis perniciosas lacras en todas as partes do planeta: a violencia que se exerce cara as mulleres.
Esta violencia prodúcese en todos os ámbitos da sociedade. De maneira explícita, a través dos malos tratos, os feminicidios, a explotación e tráfico con fins sexuais, nos conflictos armados ou no acoso sexual; e de maneira simbólica ao través dos medios de comunicación, a violencia disculpada nas tradicións culturais e relixiosas ou a violencia institucional tolerada e silenciada.
Por todo isto , precisamos dunha escola onde se supere a histórica invisibilidade das mulleres e onde se enseñe e se aprenda a construir a igualdade entre mulleres e homes.
Ao mesmo tempo que fomentar cambios cognitivos, emocionais e actitudinais que permitan construir unha convivencia entre todas as personas rexida polos principios de xustiza social, equidade, e igualdade.